Martes. 23.04.2024
El tiempo

A Costa está presente nas expedicións do sector TIC galego nos países nórdicos

A Costa está presente nas expedicións do sector TIC galego nos países nórdicos
A Asociación de empresas galegas adicadas a internet e as novas tecnoloxías, EGANET, vén de organizar a súa primeira ‘misión tecnolóxica’, na que visitou os parques empresariais punteiros de Suecia, Noruega e Finlandia. Unha expedición que contaba con integrantes da Costa da Morte, xa que a entidade ten 3 representantes da Costa da Morte. Grazas á visita crearon unha ampla rede de contactos con compañías coas que colaborar e abrir oportunidades de negocio. E debido ao éxito, estase a definir un proxecto semellante para viaxar Brasil a finais de novembro. Igalia, AVA Soluciones Tecnológicas, Imatia Innovation, Isenda Telematica e a empresa corcubionesa Galinus Taller de Novos Medios foron as empresas asociadas participantes. Ademais, o secretario da entidade, o vimiancés Oscar Santos 5º pola dereita) foi un dos nosos embaixadores). Aí vemos aos empresarios da delegación galega xunto con representantes de Nokia no centro de investigación de Oulu, Finlandia.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios