Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Costa seguíu levemente a folga do 29S

A Costa seguíu levemente a folga do 29S
Non puido a choiva coa Concentración convocada pola CIG e na que participaron os sindicatos convocantes da folga xeral UGT e CCOO. Preto de 300 persoas uníronse na Praza do Concello ceense para manifestar o seu rexeitamento contra a Reforma Laboral. Con cánticos como "Salario conxelado, futuro hipotecado" ou "Non á reforma laboral", delegados sindicais e traballadores demostraron que a Costa tamén sabe parar e protestar. A CIG valora moi positivamente a incidencia da folga. Pero con todo, o seguemento é moito menor do que se está a ver nas grandes cidades. E a Costa parou unida ademais. I é que malia comezar de xeito separado as dúas manifestacións, as pancartas da CIG e a de UGT e CCOO uníronse para ler o manifesto, que liu Xabier Santos, delegado da CIG. Algo que ocorría noutras cidades coma en Vigo, onde as dúas manifestacións non se atoparon en ningún momento. Seguemento irregular Foi na vila de Cee onde o seguemento foi máis activo. Gasolineira de Bazarra pechada, o Carrefour tamén, igual que todos os bares da praza agás o Kami, que tivo algún que outro problema cos piquetes. Con todo, a meirande parte destes establecimentos pecharon á hora da concentración pero a primeira hora da mañá estaban abertos e ao mediodía xa abriron de novo. A imaxe da porta do Centro Comercial cunha ventena de veciños tapándose da choiva, era, cando menos, singular. Ferroatlántica si que mantivo un seguimento dos máis fortes da zona. Na fábrica ceense aproveitaron que os fornos están parados durante toda a mañá para manter tan só os servizos mínimos. De feito moitos dos conocantes eran parte do comité sindical da empresa. Outra das grandes empresas da zona como foi Cerdeimar tamén sentíu a folga e houbo un 40% de seguimento. Nembargantes, en Prodemar tan só 10% do persoal secundouna. Noutras zonas como Vimianzo, Corcubión ou Fisterra apenas houbo movemento salientable e bares, e establecimentos de todo tipo permaneceron abertos ao longo do día.

Concellos

Escaso o seguemento nos Concellos. En Cee só exerceron o seu dereito á folga 6 traballadores do persoal laboral dos arredor de 80 que hai en total; e nin un só dos preto de 20 funcionarios secundaron a folga. Pola súa parte, en Fisterra a normalidade nas oficinas era total, igual que en Laxe. Pola súa parte en Carnota non traballaron 6 persoas e en Corcubión foron 3 as que non o fixeron.

Hospital Virxe da Xunqueira de Cee

Día case normal no centro ceense. E iso que é complicado colleitar os datos oficiais, porque nin no centro nin os responsables de prensa do Sergas poden aportar os datos concretos do hospital ceense. Na manifestación tan só estaban presentes un par de médicos e as responsables da Limpeza, que xa manifestaran o seu apoio á folga e piden a equipiración do seu colectivo ao Grupo E. En xeral, segundo os datos da Xunta houbo un 10% de seguimento nos centros centros sanitarios dependentes do Servizo galego de saúde.

Centros escolares

Seguemento irregular nos centros escolares. Se ben o transporte escolar funcionou ao completo, foron varios os outubses que chegaron baleiros ao centro. Así ocorreu no IES Agra Raíces onde tan só o 10% do profesorado secundou a folga mentres que preto do 90% dos alumnos faltaron a clase. No outro centro ceense do IES Fernando Blanco, dos 54 profesores que fai, 9 participaron da folga, mentres que entre os alumnos non se notaron baixas. Pola contra no CEIP Labarta Pose non houbo ninguén que secundou a folga. No resto de centros houbo de todo. No IES Pedra da Aguia seguiron a folga entre 5 e 10 profesores mentres que entre os alumnos non faltou case que ninguén. Outro exemplo foi o do IES Urbano Lugrís, onde só faltaron 6 dos 29 profesores mentres que entre o alumnado faltou preto o 50%. Servizos "mínimos no transporte" No transporte, só se cumpriron os servizos mínimos (e iso que os servizos habituais xa parecen mínimos. Así, pola mañá só saiu o primeiro bus de ida e de volta ás cidades da Coruña e Santiago, e pola tarde só funcionará o último.

Comentarios