Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A depuradora de Coristanco non funcionará ao 100% ata marzo

A depuradora de Coristanco non funcionará ao 100% ata marzo
Depuradora de Vilaverdes en Coristanco A Depuradora de Portoquintáns completa o proxecto inaugurado pola depuradora de Vilaverdes, que vemos na imaxe

A importancia do saneamento en Galicia, e máis onde os ríos son protagonistas. Unha das zonas con máis problemas cos vertidos é a do río Anllóns, onde por fin, no mes de marzo, vai funcionar ao 100% a nova EDAR de Portoquintáns, en Coristanco. Tras un ano en fase de probas, a depuradora comezará a funcionar correctamente. Así o ratificaba a Xunta esta semana, tras facer a visita de rigor.

Unha depuradora que o proxecto ampliado, que consistiu no deseño de dous sistemas independentes e dúas depuradoras: un o sistema de Rego do Crego e outro o do Río Anllóns; fronte ao proxecto orixinal que recollía a execución dunha soa Edar, en Vilaverde.

Tratamento novedoso

No primeiro dos casos, o sistema está composto por cinco novos colectores, que recollen as augas residuais de seis núcleos e que son conducidas ata a nova Edar de Portoquintáns. O sistema do Río Anllóns, conta con seis colectores (catro novos e dous mellorados) que recollen as augas residuais da zona do Cotón e do núcleo de Pousada para conducilas ata a nova Edar de Vilaverde.

Este é un tratamento das edares é máis ecolóxico, ao empregarse un sistema de filtros de macrofitos en flotación, o que permite reducir o número de equipos electromecánicos, a enerxía eléctrica consumida e, polo tanto, os custos de explotación en comparación coas tecnoloxías tradicionais. Esta é a primeira edar da provincia da Coruña que conta con este sistema de tratamento e a segunda de Galicia, xa que no Concello de Cervo tamén existe unha instalación que emprega este sistema.

Novas relacionadas

Comentarios