xoves. 01.05.2025
El tiempo

A Deputación aporta os fondos para a xerencia da CMAT

A Deputación aporta os fondos para a xerencia da CMAT
Xose Regueira e Euardo Parga asinando o acordo entre Deputacion e CMAT Xose Regueira e Euardo Parga asinando o acordo entre Deputacion e CMAT

Segue dando pasos o ente que xestionará o Destino Turístico Costa da Morte os vindeiros anos. Despois da posta en marcha cos fondos da Xunta aló polo verán, chegou a ansiada partida da Deputación para contratar a Xerencia, como nos confirma o alcalde de Malpica Eduardo Parga. A entidade provincial asinou un convenio co Costa da Morte Asociación Turística (C.M.A.T) por 64.000€, fondos que permitirán ademais de contratar a secretaría técnica do ente, para contratar un servizo de comunicación audiovisual, unha campaña de promoción, a información dixital e aplicacións do ámbito turístico.

Así se acordou no convenio asinado entre o deputado de Turismo e Patrimonio Histórico-Artístico, o carballés Xosé Regueira, e o alcalde de Malpica de Bergantiños en calidade de representación do C.M.A.T. Eduardo J. Parga Veiga.

O proxecto ascende a 120.000 € dos que a Deputación da Coruña achega 64.000., un total de 53,33 %. Xa se desenvolveu o traballo web presentado en FITUR, e agora patronal e Concellos terán que poñer unha pequena parte do montante.

 

Novas relacionadas

Máis novas do sector

  • Catro concellos da Costa Morte optan ás axudas para contratar persoal de turismo.
  • “O sector turístico da Costa da Morte ten que traballar na mesma dirección”.
  • Do GAC ao GALP pero mantendo a disección da Costa da Morte:
  • viveametadedacostadamorte.com.
  • Decembro 2015: Os visitantes do Faro Vilán medran nun 20% dende 2013.
  • Xaneiro 2015: O Turismo do Ézaro crece nun 155% no último ano.
  • Sabe o Concello de Fisterra aproveitar o potencial turístico da Fin da Terra?.
  • En que gastan os Concellos as subvencións turísticas?.
  • A bravura da Costa da Morte en pantalla grande.
  • Fonte

    • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
    Comentarios