A Deputación e a CMAT levaron os nosos Camiños á feira Fairway 2017


Estivo presente a Costa da Morte Asociación Turística na Feira Fairway 2017, unha feira desenvolta no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago, centrada na promoción do Camiño de Santiago, que reúne a máis de 100 marcas e 60 expositores na súa segunda edición.
Nun posto propio a entidade puido promocionar o Camiño a Fisterra-Muxía, pero ambas entidades tamén quixeron resaltar o Camiño dos Faros, apenas uns días despois de asinar o convenio para acadar a homologación como Ruta de Longo Percorrido.
A entidade aproveitou para "vender destino" e levou unha serie de panfletos concello a concello editados polo GDR e numerosas guías específicas.
O presidente da Deputación González Formoso destacou destacou “a importancia espiritual, patrimonial e cultural do Camiño de Santiago, que aúna o mellor de nós e que conta tamén cunha dimensión económica moi relevante que non podemos pasar por alto”. Pero sobre todo deixou patente a “relevante dimensión económica que non podemos pasar por alto”.


Muxía levou a súa ornitoloxía
Tamén estivo a Asociación Muxía Turismo Rural presentando a súa oferta do Camiño de Fisterra-Muxía aos 30 turoperadores duns 15 países participantes no encontro do Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. Os aloxamentos muxiáns ofertarán, de forma conxunta, a súa oferta a incentivos, turismo relixioso, cultural, de aventura, gastronómico e, por suposto, turismo rural, facendo ademais especial fincapé no turismo ornitolóxico, a gran aposta desta nova campaña.
Hoxe luns aínda quedan actividades. Entre elas, o relatorio ás 12.00 horas no relatorio "A xestión pública coordinada do Camiño é posible?", no que partipará o deputado da área Xosé Regueira.
Novas relacionadas
- Novembro 17: Asinado o convenio que homologará o Camiño dos Faros nunha ruta de Gran Percorrido.
- Maio 17: A CMAT valora un ano e medio de actividades a pesar das carencias
- Febreiro 2017: A APTCM focaliza esforzos nunha Xerencia, na formación e nun mapa xenérico.
- Xaneiro 2017: As caras da Costa da Morte na Fitur.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).