Venres. 29.03.2024
El tiempo

A dragaxe do Porto de Laxe xa ten Declaración de Impacto Ambiental

A dragaxe do Porto de Laxe xa ten Declaración de Impacto Ambiental
As mareas vivas sempre provocan desperfectos no porto de Laxe-Foto-Ojen As mareas vivas sempre provocan desperfectos no porto de Laxe-Foto-Ojen Dende 2008 leva Laxe esperando por unha solución para os problemas de seguridade no seu porto, e para solventar o desequilibro que sofre o seu areal, que escora e escora cara a zona do porto. Xa en 2008, o goberno socialista de Touriño redactara o primeiro proxecto, que foi sendo desestimado ano tras ano, a pesar de aparecer continuamente nos orzamentos anuais. Parece que neste 2019 podería ser unha realidade, unha vez que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de dar o visto e prace á declaración de impacto ambiental necesaria para levar a cabo o proxecto do dragado do porto de Laxe, impulsado pola Consellería do Mar e Portos de Galicia. A actuación permitirá incrementar o calado dentro do ámbito do porto de Laxe, reducindo así os riscos que teñen para a seguridade das embarcacións os efectos asociados ao fenómeno de ondas longas e resonancia que se dan na enseada. Veremos se, unha vez realizado (a Xunta non pon data de execución) os barcos xa non teñen que marchar para Camariñas ou ir para terra cando hai marexada…

”Dragado=parche”

Mentres o voceiro do PP de Laxe, José Luís Pérez Añón sae “agradecendo o compromiso da Xunta” para con esta aprobación, dende BNG e PSOE non dan crédito, despois de todos os anos que levan denunciando o desdén do goberno popular co pobo de Laxe. Esta semana, de feito, Loli Toja, a Parlamentaria socialista, natural de Laxe, levará por enésima vez, o asunto ao Parlamento Galego. Toja lembra que “na Xunta sempre falou da dragaxe como unha medida provisional, e que non daba pasos adiante coas medidas necesarias para solventar todos os problemas de Laxe ata que non se fixera a dragaxe. Agora que o proxecto da dragaxe xa está en marcha, falemos das medidas definitivas, desa solución para a praia, que está volcada cara o porto".

”E o dragado pa’cuando?”

Ao puro estilo Jennifer López, Toja pregúntase se este ano se fará o proxecto, lembra que “levamos retrasando a dragaxe máis de 10 anos, e na nota da Xunta non pon prazos, así que esperemos que non se retrase un ano máis”. “Especialmente despois do pasou en Malpica, hai que tomarse en realidade o tema real dos portos”. Aproveita Toja para lamentar que “a Xunta é moi rápida para solventar os temas de impacto ambiental dos eólicos, como vemos estes días coa implantación dos primeiros éolicos no Concello de Laxe, pero son moi lentos para estes asuntos de seguridade no mar”. Unha xa denunciara o BNG en 2017.

"Co dragado non se rexenera a praia"

Un BNG local, Xosé Manuel Pose que tamén lamenta ter tido razón dende hai 4 anos, que "a dragaxe íase activa antes das eleccións"... Continúa asegurando que "como portavoz do BNG paréceme insultante e unha falta de respecto institucional, porque nin como o BNG nin como goberno nos nos enteiramos de nada deste proxecto, polo que parece que volve o PP dos tempos máis rancios".

Pose reincide en que "este só é o primeiro paso, porque o dragado é necesario pero dentro do proxecto global. Repetimos que o dragado é como poñer unha tirita nun cancro. Por iso, se Laxe ten unha praia que vive do turismo, a praia non se rexenera só co dragado".

 

Novas relacionadas

Novas sobre a dragaxe de Laxe

Comentarios