A flota de arrastre galega ponse en folga pola cota da xarda
13:55 21/02/13
Esta mañá está o porto de Coruña está ateigado. Ducias de embarcacións de arrastre de litoral e volanta de todo o país volveron das súas faenas nocturnas para facer folga e presionar ante o reparto da cota da xarda que se está a debatir hoxe en Madrid.
Aló están barcos de arrastre e volanta a Muxía, Corme, Malpica, Fisterra e Camariñas, entre outros moitos, pero que non contan co apoio da pesca artesanal. De feito, a loita por unha cota da xarda maior tamén é un dos cabalos de batalla da pescar artesanal galega.
Todos, iso si, coinciden na precaria situación do sector da pesca en Galicia, unha vez que "non temos unha Consellería coa que falar e estamos todos metidos na selva de Medio Rural", onde non se lles escoita.
Novas relacionadas
- Europa vén escoitar á pescar artesanal costeira sobre as gaiolas de salmón de Muros.
- A loita polas cotas da pesca artesanal chega ás rúas de Bruxelas.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Información e fotos achegadas por Felipe Sar.