A Garda Civil detén a dous mozos por un delito continuado de incendios forestais
09:48 14/08/17
Incendio que acontecía en Coristanco este mes de xullo
Hai 15 días a Garda Civil detía un home en Sardiñeiro por supostos delitos de lume. Desta volta, a Patrúlla de Seprona de Arteixo, tras intensas investigacións, moita información acumulada en anteriores campañas e tras arduas xestións con veciños do lugar, así como con integrantes do servizo de extinción de incendios forestales da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, detiña o pasado sábado a dous homes mozos como supostos autores de 13 incendios forestais: A.R.R. de 21 anos veciño do Carrizal-Coristanco, e de A.B.E. de 20 anos veciño do Sixto-Carballo.
Foi tralos incendios do día 07 de agosto de 2.017, cando a Patrulla de Seprona de Arteixo decidiu intensificar aínda máis a investigación nas zonas calcinadas, entrevistándose casa por casa e persoa por persoa, seguindo calquera indicio que puidese aportar algún dato máis para dar coa autoría dos feitos.
Cómpre apuntar que se ten constancia mediante a base de datos de incendios da Xunta de Galicia desde o ano 2010, que se veñen producindo multitude de incendios forestais nos lugares de O Carrizal e O Piñeiro - Ferreira, Coristanco, polo que a vixilancia e investigación nesas zonas intensificouse para previr e intentar esclarecer os incendios.
Sobre todo, nos anos 2.016 e en 2.017, concéntranse os incendios forestais nos días finais de xullo e primeiros de agosto, onde se observa un “modus operandi” determinado por horarios, puntos de inicio, intencionalidad vandálica e a época en que se producían estes incendios.
A Patrulla xa enviou Dilixencias ao Decanato do Xulgado de Carballo e mandou copia do actuado á Fiscalía Especial contra incendios forestais de Santiago.
Novas relacionadas
Artigos relacionados
- Desprofesionalizando o Servizo contra incendios dende o primeiro eslabón da extinción.
- A Deputación da Coruña implantará a Xestión Directa dos Parques de Bombeiros.
- Alertan da necesaria Deseucaliptización de Galicia.
Incendios forestais 2017
- 20-07-17: Sufocado con rapidez un pequeno incendio forestal en Cee.
- 16-07-17: O incendio entre Cabana, Coristanco e Zas arrasou 18 hectáreas.
- 04-07-17: Un novo incendio en Vimianzo.
- 03-07-17: A Garda Civil investiga a dúas persoas polo incendio de San Xoán en Cabana.
- 24-0-6-17: Dous incendios no Castro e Corcoesto “abren” a tempada.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).