A nocturnidade e alevosía da baixada da peaxe da AG-55



A Xunta vén de anunciar a rebaixa da peaxe da AG-55. Ata aquí parece unha resposta da Xunta ante a histórica demanda da comarca da supresión desta inxusta e cara peaxe. Pero cómpre ler a letra pequena, porque a rebaixa é bastante ridícula. A “tarifa nocturna” que aplica a Xunta supón unha bonificación do 50% entre as 0:00h e as 6:00h.
Un anuncio que segundo a viceportavoz do grupo parlamentario o BNG, Olalla Rodil, non é máis que unha “cortina de fume” para tapar “a estafa da AP-9”, ao tempo que critica que esta medida non beneficiará ao transporte pesado, como anunciara a Xunta.
“Cantos galegos e galegas viaxan pola AG-55 e a AG-57 entre as doce da noite e as seis da mañá?”, preguntouse Rodil.Segundo os datos da propia Xunta en 2017, explicou, “viaxaron pola Autoestrada da Costa da Morte 600 vehículos (de máis de 12mil) pesados ao día e na do Valmiñor (214) de máis de 7 mil”. Cantos destes circulan de madrugada? Volveu preguntar, un 5%, un 10%, non sabemos a cifra respondeu porque a conselleira tampouco se referiu a ela. Ethel Vázquez non aportou ningún dato sobre os beneficiarios nin a entrada en vigor da nova medida. “un novo anuncio campanario” do PP, repetiu.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/a-voltas-coa-peaxe-da-ag-55/- Xuño 2016: A Deputación esixe a supresión da peaxe da AG-55.
- Setembro 2014: Mobilización de vehículos pola supresión da peaxe na AG-55.
- 28-07-14: O BNG pide no Parlamento a supresión da peaxe da AG-55.
- 2011: A peaxe da AG-55 queda como está.