mércores. 07.05.2025
El tiempo

A oposición volve denunciar un posible pelotazo urbanístico en Coristanco

A oposición volve denunciar un posible pelotazo urbanístico en Coristanco
Parcela onde ira a futura praza e local social en Castro-Coristanco

Segue a oposición en Coristanco coas notas ben afiadas, demostrando neste caso que o goberno municipal pende dun fío. Esta semana, 2.000 exemplares da revista do BNG, o “Cribo”, percorerrán as rúas e os bares do concello bergantiñán, com duras críticas ao goberno municipal. Mentres, o grupo de TeGa envía outra nota denunciando que posibles intereses particulares no que pode ser un novo caso de “pelotazo urbanístico”.

TeGa anuncia un posible pelotazo urbanistico en Santa baia de Castro

Nova e dura crítica do grupo de Amancio Lavandeira sobre unha futura obra. I é que denuncian dende TeGa que alcalde Pensado e o concelleiro de obras Luís Souto, rexeitaron varios solares preto da igrexa de Santa Baia de Castro para construir a praza e o local social para os veciños, pola contra, elexiron unha parcela no medio da agra e que está calificada como solo rústico.

A maioría dos veciños xa manifestaran o seu rexeitamento polo lugar elexido cun escrito ao concello, dadas as características que ten tanto por ser un lugar aillado como mostrar dificultades de comunicación e accesos.
Pero o caso é que a praza vai carecer de parte do seu obxectivo xa que non vai a ser de utilidade para aparcar os coches nos actos relixiosos, nin para a celebración das festas pola dificultade de maniobrar vehículos pesados, ademáis estará ubicada a máis de 200 m da igrexa. A finca, chamada A Lameira por razóns obvias, non dispón de accesos rodados nin pasa ningunha carretera ao seu carón.

Vai máis alá TeGa, que sospeita de que “a compra dese terreo obedece máis a intereses particulares que ao ben común. Varios propietarios de fincas que hai arredor, manteñen negocios directos cos responsables municipais e o concello. Polo que posiblemente tanto o propio alcalde como o concelleiro de obras non quixeron negociar outras propostas máis ventaxosas optando por mercar unha finca rústica, cun prezo moito máis elevado que o que hai no mercado”, sinalan.

O Cribo na rúa

o cribo nadal 2014.pdf

Mentres, o outro grupo opositor, o BNG, lanza á rúa un novo número do Cribo, dous mil exemplares do seu boletín. Un boletín que serve para facer balance dun 2014, que consideran “o annus horribilis de Pensado Plágaro e do Partido Popular e, por extensión, do noso concello”. Adican a portada aos numerosos titulares dos que Coristanco foi protagonista neste curso.
Tamén teñen espazo para valorar o traballo da concelleira do BNG, Laura Mariño, nestes dous anos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa do BNG e TeGa de Coristanco.

Comentarios