Luns. 29.04.2024
El tiempo

Da mala praxis de non xustificar as subvencións

Da mala praxis de non xustificar as subvencións
subvencions

Un clásico municipa o de non xustificar certa subvención, e pasados os anos tela que devolver. “Total, son os cartos de todos, ou de ninguén, así que non hai problema, devólvese e fóra”, pensarán algúns. Hoxe imos ata Coristanco, onde, segundo denuncia o BNG, Concello terá que devolver, cando menos, dúas subvencións da Deputación do ano 2010, e por riba pagar os intereses correspondentes.

A razón da devolución destas dúas subvencións é a deficiente xustificación do destino do diñeiro. Falamos de varias partidas “de desenvolvemento de servizos sociais, políticas de igualdade entre mulleres e homes e de loita contra a violencia de xénero (na que se lle adxudicara ao Concello de Coristanco a cantidade de 3.386,55 euros) e de proxectos de envellecemento activo para as persoas maiores (na que a Deputación da Coruña asignara ao Concello de Coristanco a cantidade de 4.000,00 euros”.

Denuncian ademais que estas perdas de investimentos son constantes. “Por exemplo, para o mantemento dos servizos de socorrismo de piscinas o Concello recibiu subvencións da deputación provincial nos anos 2011 e 2012 (en ambos casos, por importe de 3.000,00 euros), mentres que nos anos 2013 e 2014 non recibiu nin un só euro”.

Novas relacionadas

Fonte

  • BNG de Coristanco.

Comentarios