Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A veciñanza de Coristanco, Carballo e Santa Comba desafiou aos eólicos... e ao temporal

A veciñanza de Coristanco, Carballo e Santa Comba desafiou aos eólicos... e ao temporal

Vecinos de Carballo, Coristanco e Santa Comba a Castriz dicindo non aos eolicos Veciños de Carballo, Coristanco e Santa Comba a Castriz dicindo non aos eolicos

Saíu á rúa, por primeira vez a loita contra os parques eólicos de Bustelo, Campelo e Monte Toural. Despois de moitas reunións informativas nos pasados meses, case un centenar de veciños afectados de Coristanco, Carballo e Santa Comba desafiaron a chuvia e o vento para demostrar a súa radical oposición a este fragmentado megaproxecto eólico.

Aos berros de “A terra non se vende, a terra se defende”, a veciñanza uniuse o pasado venres nunha andaina reivindicativa organizada pola Plataforma Non Eólicos Bustelo – Campelo – Monte Toural coa colaboración da Asociación ambiental Senda Nova. Tamén estiveron presentes integrantes da Plataforma Non Eólicos en Ordes.

A andaina percorreu boa parte dos devanditos parques eólicos. A saída tivo lugar ao redor das 10h00 no lugar de Vilela de Entrecruces (Carballo), un dos núcleos de poboación afectados polos eólicos e onde algunha das vivendas está situada a uns 400 metros dalgún dos aeroxeradores, por debaixo dos 500 m que marca o plan eólico de Galicia.

Outra das paradas foi no lugar da Abelenda – no concello de Coristanco - xa castigada polo parque eólico do Castelo, con 25 aeroxeradores moi preto das vivendas. Estes aeroxeradores do Castelo, que son catro veces máis pequenos que os dos novos marques e de moita menos potencia, poder oírse mesmo dentro das vivendas en Mira (Coristanco), segundo aseguran varias veciñas do lugar. Hai que dicir que Mira está a máis dun km de distancia do parque eólico do Monte Castelo.

Precisamente no núcleo de Mira foi onde se fixo a seguinte parada. Un lugar onde, curiosamente, dous aeroxeradores coinciden dentro da área dos tres parques á vez. Un dos sinais de que estes tres parques de Bustelo, O Campelo e Monte Toural, en realidade son un só megaparque fragmentado de xeito artificial para aproveitar a nova lei de iniciativas da Xunta e evitar estudos de impacto ambiental máis esixentes.

A meta da marcha foi en Castriz – no concello de Santa Comba – a carón da súa fervenza. Neste lugar, un dos espazos naturais máis significativos do concello de Santa Comba e nas proximidades do cal está prevista a instalación de dous aeroxeradores de 180 metros de altura está prevista foi onde tivo lugar a lectura dun manifesto co que se insistiu nas razóns polas que se considera que estes proxectos terían un impacto negativo tanto a nivel medioambiental como económico e, por suposto, para a saúde dos habitantes da zona.

Alegacións

Ao remate do acto lembrouse que segue aberto o prazo de alegacións ao proxecto eólico do Campelo, en exposición pública nos concellos de Coristanco e Santa Comba. O prazo remata o hoxe luns 15 de outubro de 2018.

Novas relacionadas

“O pleno de Coristanco non quixo debatir unha moción dos veciños afectados polos eólicos” — Que pasa na costa “Carballo tamén se une dende Entrecuces á loita contra os eólicos” — Que pasa na costa “A loita veciñal contra os eólicos de Bergantiños e Xallas colle forza” — Que pasa na costa

Comentarios