Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Xunta garante a regulación das naves na Costa da Morte nos vindeiros 2 anos

A Xunta garante a regulación das naves na Costa da Morte nos vindeiros 2 anos

No medio desta inmersión en corrupción urbanística, a Xunta envía unha nota de prensa tranquilizadora para os empresarios da bisbarra. Así, a secretaría xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, reiterou esta mañá que a Xunta de Galicia publicarán no primeiro trimestre de 2011 as instrucións que permitirán regularizar naves industriais na Costa da Morte. Así o prometían o pasado mes de marzo de 2010 tras varias xuntanza coa Plataforma polo Desenvolvemento da Costa da Morte.

Precisamente a Secretaria así llo trasladou, aos representantes Asociación Neria e a Federación de Empresarios da Costa da Morte, cos que mantivo unha reunión, tal e como anunciara o conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, nunha visita o pasado 21 de xaneiro ao Concello de Carballo.

Rivas sinalou que o prazo para ordenar e urbanizar os asentamentos non poderá ser superior aos 3 anos dende a entrada en vigor desta lei, tendo en conta que a lei entrou en vigor o pasado mes de marzo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Xunta de Galicia.

Comentarios