Martes. 23.04.2024
El tiempo

Aantena recupera a tradición etnográfica da comarca revivindo a Gustav Henningsen

 

Relato para un incendio de Aantena en Mazaricos
Imaxe da estrea de "Relato para un incendio" en Mazaricos
Aantena recupera a tradición etnográfica da comarca revivindo a Gustav Henningsen

A Compañía de teatro costeira aAntena continúa coa súa labor de recuperación da memoria e consecución da igualdade. Despois de levarnos pola historia dos Naufraxios da comarca durante este verán, e da recente experiencia de Teatro Comunitario e recollida “As voces das mulleres” coa estrea na MIT Ribadavia do espectáculo de teatro documento “Relato para un incendio”, seguen lanzando propostas culturais novedosas e impactantes.

Desta volta, chegan cun novo proxecto multidisciplinar e multiespacial, que sae alén da escena para convertirse en motor da divulgación do noso pasado recente a partires do traballo de Gustav Henningsen. “A Ollada de Gustav” vén de ser favorecida nas axudas “Territorio cultura” dos fondos Next Generation da Unión europea a través do AGADIC da Xunta de Galicia, polo que percorrerá o país lembrando o percorrido que este investigador etnográfico nórdico realizou en 1965 polo país, facendo unha recollida fotográfica e de sabedoría popular semellante á de Alan Novax.

A Ollada de Gustav

Costa da Morte

Como a meirande parte dos proxectos da compañía camariñá, a presenza da Costa da Morte neste proxecto é moi importante realizándose actividades nos concellos de Muxía, Mazaricos e Dumbría. Ademais de contar con entidades como Asociación Cultural Raigañas encargada dos seráns onde recuperaran o folclore recollido poor Gustav Hennigsen. Lupe Blanco coñecida regueifeira da comarca percorrera os institutos de educación secundaria para divulgar as regueifas entre o público da secundaria.

O espectáculo “Relato para un incendio” coproducido por CDG e aAntena, viaxa ata aqueles anos sesenta con Henningsen, e conta a recente trama da condena da pirómana de Cerceda e todo bañado coa posta en actualidade do que significa a figura da bruxa, a súa condena e a extirpación de certos saberes da nosa identidade. Un espectáculo dirixido por Xosé Leis con Isabel Risco, Manu Fernández e Victoria Pérez.

A estrea xa foi actuaron este pasado sábado na Casa de Cultura de Mazaricos, e repetirán o 16 de novembro ás 10:30 horas no C.P.I. da Picota, cun obradoiro de Regueifa con Lupe Gómez.
Posteriormente percorrerá Boqueixón, Dumbría, Mazaricos, Muxía, O Pino, Palas de Rei, Rois.

Relato para Aantena en Mazaricos
Imaxe da estrea da obra de teatro

Exposición

Ademais de teatro e obradoiros, o proxecto trae tamén aparellada unha exposición das fotografías e gravacións do gran investigador danés. Exposición comisariada polo Museo do Pobo Galego, que se exporá en Mesía e Vilasantar.

Seráns

O proxecto propón tres seráns (en Mesía, Paderne, Sobrado).coordinados por Raigañas interpretando as cancións recollidas por Gustav Henningsen e permitindo a aparición de coplas da tradición de cada lugar.

Regueifa

E como dixemos, tamén haberá tempo para o Obradoiro de regueifa e recollida de cantares coa coristanquesa Lupe Blanco co obxectivo de inferir o interese por esta tradición musical no alumnado de secundaria de Dumbría, Muxía, Mazaricos, O Pino, Palas de Rei, Rois, Boqueixón

Charlas divulgativas

A última pata do proxecto son as charlas divulgativas tamén teñen lugar nesta proposta, que se desenvolverán en Boimorto, Boqueixón, Douro, Mesía, Paderne, Sobrado, Vilasantar:

  • “Bruxas e fadas, princesas e labregas. Figuras de muller nos contos galegos” Camiño Noia.
  • “Etnomedicina popular” con Maria Moure, acompañada dun vieiro para descubrir as plantas do lugar e as súas propiedades.

Novas relacionadas

Comentarios