sábado. 14.12.2024
El tiempo

As funcións dos naufraxios "retratan a historia e idiosincrasia das xentes de Costa da Morte”

Naufraxios de Aantena en Caion
Imaxe da obra en Caión
As funcións dos naufraxios "retratan a historia e idiosincrasia das xentes de Costa da Morte”

A praia de Razo, Camelle, Caión, Traba de Laxe e Arou xa teñen disfrutado das singulares representacións sobre Naufraxios de aAntena. A compañía costeira, co axuda da Deputación e o Teu Xacobeo, están espallando a cultura inmaterial que hai debaixo do noso mar por espazos simbólicos coma estes.

Están tendo unha gran acollida, pero aínda moitas funcións (hoxe domingo en Camariñas, pero despois ao longo da semana visitarán Lariño, a Barca, Fisterra, o Ézaro, a praia da Concha de Cee, a praia de Quenxe ou a Ermida de San Adrián de Malpica), para non perderse unha das iniciativas teatrais máis vangardistas dos últimos anos.

Cómpre dar conta da experiencia, con 4 personaxes (Alicia Baña, Andrea Rodríguez, Berni Martínez e Antonio Miranda) que xunto a un acordeonista en directo (Klaus Martinez), e sen apenas atrezzo traslándannos ata o fondo do mar coas grandes historias salgadas.

Sen altofalantes, sen efectos, con apenas 4 focos, protagonizan “unha actuación teatral, humilde, próxima, con pouco recursos pero impecable en escena, que atrapa e entretén durante unha hora que se pasa voando, retratando a historia e idiosincrasia das xentes de Costa da Morte”, describen os que a viron.

Naufraxios en Camelle de Aantena

Naufraxios de Aantena en Camelle
Fotos: Keko

PROGRAMA DO TEU XACOBEO

As representacións serán ás 23:00h, e o programa é o seguinte:

  • Domingo 21 de Agosto. Cemiterio dos Ingleses. Camariñas
  • Luns 22 de Agosto. Entorno Faro de Lariño. Carnota (ás 22:00 horas)
  • Martes 23 de Agosto. Muxía. Punta da Barca.
  • Mércores, 24 de Agosto. Fisterra. Hotel Bela Fisterra.
  • Xoves 25 de Agosto. Entorno da Fervenza do Ézaro
  • Venres 26 de Agosto. Cee. Entorno Praia da Concha.
  • Sábado 27 de Agosto. Corcubión. Entorno de Praia de Quenxe.
  • 16 de setembro. Malpica. Ermida de San Adrián (ás 21:30).

AS RUTAS

Paralelamente, a entidade prepara unha serie de rutas guiadas polo patrominio inmaterial do litoral camariñán. Aínda quedan praza:

  • Ruta Norte: Do 22 ao 26 de agosto: ruta circular con inicio e fin no Porto de Laxe para coñecer a historia do Adelaide nun recorrido pola costa ata Malpica para descubrir historias de barcos como: Kenmore, Adelaide, Chamois, Priam…
    Ten paradas: Praia de Traba, Faro de Laxe, Faro de Roncudo, Faro de Punta Nariga, Cabo de San Hadrián e Malpica .
  • Ruta Centro: Do 5 ao 9 de setembro). Percorrido circular pola Costa do concello de Camariñas para coñecer os espazos e lugares dos naufraxios máis significativos: Banora, Serpent, City of Agra, Iris Hull, Trinacria.
    Ten paradas en Cereixo, Porto de Camelle, Porto de Santa Mariña, Praia de Lobeiras (Arou), Cemiterio dos Ingleses, Faro Vilán.
  • Ruta Sur: Do 12 ao 16 e do 19 ao 23 de setembro. Ruta circular con inicio e fin na punta da Barca para ollar os restos do naufraxio petrificados da Virxe da Barca para percorrer a costa polos cabos de Touriñán, Fisterra e Cee e acadar a praia do Ézaro para coñecer historias como a Flotilla de Padilla, os barcos como o Sunrise e o Great Liverpool.
    Ten paradas en: Punta da Barca, Faro de Cabo Touriñán, Faro de Fisterra, Faro de Cabo de Cee, Praia de Gures e Ézaro.

Para todas as rutas (teñen un custe de 20 euros) hai dous puntos de encontro (Porto de Camariñas ou Porto de Laxe), arrincan ás 10:00h e duran 4 horas. Vaise en furgoneta de 9 plazas para o recorrido. Visita con guía especializado. Compre reservar en www.naufraxios.com.

naufraxios_xacobeo

 

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios