Martes. 23.04.2024
El tiempo

Aberto o xuízo oral contra Pensado Plágaro

Aberto o xuízo oral contra Pensado Plágaro
Pensado Plagaro garda civil Pensado Plágaro terá que sentarse nos vindeiros meses no banco dos acusados O Xulgado de Carballo vén de ditaminar a esperada apertura do xuízo oral conta o ex alcalde, e actual teniente alcalde Antonio Pensado Plágaro afronta o xuízo. Un xuízo que afronta dende a súa posición de poder, pero sobre a que pesa unha petición por parte da Fiscalía de 36 anos de inhabilitación e máis de 4 anos de cárcere por falsidade documental, tráfico de incluencias, prevaricación continuada e fraude en contratación pública. Xa estivemos repasando o suposto fraude na contratación de obras públicas, por supostas contratacións “a dedo”, de ata 30 licitacións das 45 grandes licitacións de obras que se realizaron no Concello entre 2009 e 2013. Todo parte dunha denuncia da Secretaria Municipal en 2013, que emitía informes negativos que eran obviados continuamente. Foi 2014 cando a Fiscalía o imputaba, cando aínda esa palabra era correcta xudicialmente.

Novas relacionadas

Novas de Coristanco

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios