Acoden á Xunta e á Valedora do Pobo para paralizar a Planta de Residuos Industriais da Furoca

07:18 06/02/17

- 1. Posto que na parcela afectada xa existe outra actividade á que se lle pretende engadir a do presente proxecto, cómpre que a promotora do mesmo, avalíe os efectos previsibles directos e indirectos de AMBALAS DÚAS ACTIVIDADES, avaliación que debe ter en conta os efectos acumulativas e sinérxicos das dúas actividades.
- 2. A promotora esquece que xa non se trata dunha soa actividade senón de outra máis e distinta, que incrementará os efectos sobre o medio ambiente e a entorna social cos conseguintes efectos acumulativos sobre a poboación, os canles e recursos hídricos e o po desprendido durante o procesamento do material nas plantas.
- 3. O promotor debera ter en conta que a planta que ten instalada está nunha entorna moi humanizada, a escasos metros do depósito de auga veciñal e da fonte de captación.
- 4. Ausencia de avaliación dos impactos significativos do proxecto sobre dos cultivos de patacas realizados ao amparo da indicación Xeográfica protexida “pataca de Galicia”
- 5. Pastizais e granxas dentro da entorna da parcela afectada polo proxecto.
- 6. O sector forestal, a chave da economía na comarca de Bergantiños, tal e como recoñece a propia lei de montes de Galicia na súa exposición de motivos. Coristanco destaca pola elevada producción madeireira e forestal.
- 7. Á vista da variedade de residuos a tratar e a multiplicidade das súas características cómpre lembrar que entre os residuos a tratar poden existir residuos de carácter perigoso, feito non contemplado polo promotor do proxecto. Así o carácter perigoso dos residuos, sobre todo os residuos procedentes da construcción e demolición (RCD)
- 8. O promotor esquece a realización dun estudio sobre os IMPACTOS SIGNIFICATIVOS SOBRE DAS PAISAXES e as medidas preventivas, correctoras, compensatorias e de integración paisaxística. Non se entran a valorar as unidades paisaxísticas afectadas.
- 9. O tránsito de camións de Cesmaga continuado en dirección á planta de tratamento de lodos que a mercantil ten no lugar de A Furoca está a causar impactos significativos e ruídos continuados que causan graves molestias á veciñanza afectada.
- 10. Legalmente considéranse ruídos molestos os que efectivamente molestan, polo que aínda que os dicíbeis non cheguen a 60 (na maioría dos casos esa é a cifra a partir da cal existe prexuízo grave para o que soporta o ruído), vibracións e ruídos constantes e continuos tamén se entenden como prexudiciais.
- 11. O grave deterioro das pistas de vocación agraria e forestal e ausencia da valoración dos impactos significativos sobre os mesmo. Ausencia de avaliación dos impactos significativos sobre dos terreos vedados de caza existentes na área.
Novas relacionadas
- 23-01-17: Piden no Parlamento Europeo a cancelación defintiva do proxecto mineiro das 7 Julias.
- 30-12-2016: A nova Plataforma de Coristanco solicita información sobre a planta de compostaxe de San Paio.
- 20-12-16: Nace a Plataforma en Defensa da Terra de Coristanco para loitar contra a planta de residuos da Furoca.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).