Venres. 06.12.2019
El tiempo

ADEGA denuncia a tramitación fraudulenta e a ameaza á flora endémica dos parques eólicos de Bustelo, Campelo e Monte Toural

ADEGA denuncia a tramitación fraudulenta e a ameaza á flora endémica dos parques eólicos de Bustelo, Campelo e Monte Toural
Parques eolicos de Bustelo Campelo e Monte Toural Flora endémica afectada polos Parques eolicos de Bustelo Campelo e Monte Toural-Fonte-ADEGA

Súmase xa a Asociación Ecoloxista ADEGA ás denuncias do BNG de Coristanco contra os tres proxectos eólicos que van afectar aos concellos de Coristanco, Santa Comba, Carballo e Tordoia. En realidade, para BNG e ADEGA trátase dun solo megaproxecto, un só parque eólico, “pois teñen o mesmo promotor, coinciden nunha mesma área xeográfica e mesmo partillan infraestruturas: liñas de evacuación e estación transformadora”. Curiosamente a Xunta concedeulles en maio pasado aos tres e no mesmo acto administrativo, a declaración "de interese especial”, nova catalogración enmarcada na chamada “Lei de Depredación”.

Son portanto, para ADEGA “un mesmo parque eólico, tramitado de xeito fraudulento, ao ser despezado en 3, que ao non superar individualmente os 50MW de potencia, serán tramitados pola Xunta”.

Especies endémicas únicos no mundo, en perigo de extinción

Ademais da afectación a unha zona protexida como a lagoa de Alcaián, a entidade ecoloxista alerta das graves consecuencias que poden ter estes proxectos para varias especies endémicas como a Centaure ultreiae Silva Pando, un endemismo galego, considerado en perigo de extinción cuxa poboiación mundial total está composta por 6.821 individuos distribuídos en dúas cuadrículas de 10x10 km arredor do Monte Castelo e a lagos de Alcaián.

Outras especies como a Lycopediella inundata, a Euphorbia uliginosa, a Centaurea ultreiae ou a Spiranthes aestivalis, tamén forman parte do ecosistema da lagoa, xa ameazadas en 2016 tras unha polémicas obras na contorna da lendaria lagoa de Alcaián.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-bng-de-coristanco-enfrontanse-aos-tres-novos-parques-eolicos-que-invadiran-a-comarca/

Novas relacionadas

Novas eólicas

Máis novas

Fonte

Comentarios