ADEGA lanza, co apoio de CaixaBank, un proxecto de voluntariado contra as especies invasoras na Costa da Morte
Conta co patrocinio de CaixaBank a Asociación Ecoloxista Adega, para lanzar o novo programa de ‘Voluntariado Ambiental para a conservación dos humidais e a flora da Costa da Morte’.
A entidade, que xa leva tempo realizando sesións de erradicación de especies invasoras en zonas como Fisterra ou Louro, avanza agora noutra proposta coa axuda dunha entidade financieira. Un programa que continúa así a idea de crear ‘Microrreservas de Flora’ para a preservación destes ‘tesouros’ ambientais, gracias, sempre, á colaboración veciñal, o “garante da conservación da biodiversidade”.
Precisamente, para chegar máis á cidadanía, levarán a cabo actividades abertas ao público xeral tales como a eliminación de especias invasoras e limpeza de praias, saídas de campo guiadas ou varios bioblitz (eventos participativos de ciencia cidadá para rexistrar tantas especies como sexa posible nun lugar e durante un tempo determinados).
Ademais, como parte deste proxecto, ADEGA editará un tríptico sobre os hábitats e a diversidade da Costa da Morte e realizará xornadas formativas sobre as microrreservas da zona con persoal técnico ligado ás zonas de actuación.