Xoves. 21.11.2019
El tiempo

Os alcaldes da bisbarra esixen a homologación do Camiño dos Faros como ruta de gran percorrido, tras 5 anos de trámites

Alcaldes, e membros da Asociación Camiño dos Faros
Alcaldes, e membros da Asociación Camiño dos Faros
Os alcaldes da bisbarra esixen a homologación do Camiño dos Faros como ruta de gran percorrido, tras 5 anos de trámites
Os alcaldes da bisbarra esixen a homologación do Camiño dos Faros como ruta de gran percorrido, tras 5 anos de trámites

Se o Camiño dos Faros cumprirá este vindeiro mes de decembro 7 anos, xa van para 5 anos dende que a Costa da Morte solicitou a súa homologación como ruta de Gran Percorrido. Unha singradura máis complicada da que se imaxinaban os [email protected] aló por 2014, cando confiaban nas administracións para oficializar un recurso turístico creado dende a sociedade civil.

Pero a pesar do teórico apoio da Deputación e da Xunta, a homologación segue no aire.

Así o sinalaron o pasado venres os alcaldes da Costa da Morte nunha xuntanza entre a Asociación Camiño dos Faros e a CMAT, presente como ente xestor do xeodestino.

Nesta reunión, informouse da situación actual do proceso de homologación e presentouse o plan de limpeza nos concellos dos territorios por onde pasa o Camiño dos Faros.

Os trasnos explicaron os evidentes beneficios e as necesarias implicacións que conleva a homologación do Camiño dos Faros para o territorios e para o turismo da Costa da Morte. A Xornada rematou cun compromiso por parte dos territorios implicados no Camiño dos Faros e na busca de solucións para a súa regulación e homologación.

A CMAT valora o produto

A CMAT apoia este proxecto posto que comparte os seus obxectivos cos do seu Plan de Acción para o Turismo da Costa da Morte 2019-2021. “O Camiño dos Faros é un dos produtos máis importantes e transversais do destino xa que conxuga patrimonio natural e cultural, así como material e inmaterial o que se identifica como unha oportunidade clara de desenvolvemento turístico para Costa da Morte”, sinalan, como recollía hai pouco o suplemento de viaxes do Washington Post.

Novas relacionadas

Comentarios