A Andaina da Dignidade en protesta pola Autovía xa ten cartel
15 de outubro de 2024 (07:44 h.)
Vén de anunciar o BNG o cartel da Andaina da "dignidade". O grupo convoca a toda a veciñanza a pariticipar o vindeiro 26 de outubro nunha andaina protesta dende Berdoias a Cee, para esixir o comezo das obras deste treito da necesaria infraestrutura.
O día da andaina haberá un autobús a disposición para ir ata Berdoias, que sairá do Polígono de Cee ás 9:00 horas.