7 Concellos aproban mocións para esixir á Xunta que remate a Autovía Costa da Morte

De auténtica tomadura de pelo deberíamos tomar toda a veciñanza da Costa da Morte a falta de respecto que a Xunta ten na comarca co Autovía Costa da Morte. Décadas de retrasos, de promesas incumpridas, dun desdén inimaxinable cara unha comunidade esquecida como a nosa.
Así de claro o teñen tamen en moitos Concellos da comarca. Ata en 7 (Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía) veñen de aprobar mocións presentadas polos grupos do BNG para que a Xunta continúe executando a ampliación da autovía da Costa da Morte (AG-55). As mocións piden licitar xa o tramo Salto-Berdoias da Autovía AG-55 e a executala conforme o proxecto inicial, con dous carrís para cada sentido, así como incorporar no orzamento de 2025 a contía suficiente para executar as obras dos tramos Berdoias-Cee, Cee-Porto de Brens e a conexión da autovía co polígono de Vimianzo. Ademais, pedían suprimir todas as peaxes para que sexa gratuíta en todos os seus tramos.
Opinión do BNG
O deputado do BNG Oscar Insua, que presentou nos últimos meses no Parlamento Galego diversas iniciativas respecto da autovía, denunciou que “o PP segue enganando á veciñanza da Costa da Morte, porque nas eleccións prometeron que a farían e neste ano non executan o orzamento que tiñan previsto, o mesmo que ocorreu nos últimos seis anos”. O representante nacionalista agarda que para os vindeiros orzamentos “o goberno galego meta os 40 millóns que din que custa a ampliación da autovía, e estaremos moi atentos para ver se o fan nas contas que a Xunta presentará en setembro”.
Pola súa banda, o responsábel comarcal do BNG, Xurxo Rodríguez, afirmou que “o PP segue a ningunear á comarca e a mantela como un escaparate turístico, deixando de lado o noso desenvolvemento económico e social”, e sinalou que a ampliación da AG-55 “é algo vital para as empresas, para ser competitivos e para fixar poboación, xa que somos a rexión de Galiza que máis habitantes perde”. Rodríguez engadiu que “sería importante non só o remate da autovía, senón tamén a eliminación das peaxes”.
MÁIS NOVAS DA AUTOVÍA
- Mao 2024: O BNG reivindica desde Berdoias a ampliación da autovía da Costa da Morte.
- Novembro 2023: O BNG reitera a falta de execución de partidas que aparecen ano tras ano nos Orzamentos da Xunta para a Costa da Morte
- Outibro 23: Os Orzamentos da Xunta 2024 reducen a partida para a VAP
- Febreiro 23: A Autovía volve enredarse no Parlamento.
- Febreiro 23: A alcaldesa de Camariñas urxe á Conselleira a reactivación da prolongación da Autovía/Corredor ata Calo.
- Novembro 22: O pleno de Corcubión volveu pedir que se remate a Autovía e que se elimine a peaxe.
- Novembro 22: O PSOE Costa Atlántica lamenta a falta de compromiso dos Orzamentos da Xunta coa Autovía.
- Outubro 22: Os Orzamentos da Xunta inclúen, un ano máis, unha partida para o Corredor Baio-Berdoias.
- Agosto 22: Os socialistas esixen á Xunta que cumpla coas promesas do Corredor.
- Outubro 21: Os Orzamentos da Xunta para 2022 inclúen 3,43 millóns de euros para continuar o Corredor entre Baio e Berdoias.
- Maio 21: SEA e Goberno central reiteran que a conexión do Polígono de Vimianzo coa Autovía é responsabilidade da Xunta.
- Marzo 21: Reiteran a necesidade de rematar a Autovía ata Cee, ou polo menos ata Berdoias.
- Setembro 2020: Lembran os case 20 anos de promesas da Autovía Costa da Morte ata Brens.