Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O pleno da Deputación tamén insta á Xunta a facer a Autovía ata Berdoias

Movementos de terras realizados ata Berdoias
O pleno da Deputación tamén insta á Xunta a facer a Autovía ata Berdoias

Prometida polo mesmo Manuel Fraga en 2002 despois do Prestige (prometía tamén eliminar a peaxe da AG55); tardou 6 anos en poñerse en marcha cunha simbólica primeira pedra de Emilio Pérz Touriño, e está sendo desenvolta anaco a anaco en función das eleccións autonómicas de turno. A pesar de que o movemento de terras xa está realizado dende hai case 10 anos ata Berdoias, a Xunta vai facendo, cando lle convén electoralmente, pequenos treitos dunha Autovía ademais reconvertida en Corredor dun só carril por sentido, unha desas infraestruturas viairas defenestradas nas Rías Baixas por ser tremendamente perigosas.

Pasaron tres licitacións, moitos problemas de sobrecustos de ata 395 millóns, un proceso xudicial e mesmo a Xunta chegou a perdoarlle á empresa a execución dos derradeiros 15 quilómetros de vía. Así se chega ata a situación actual na que a autovía queda recortada dos 42 quilómetros inicialmente previstos a só 27, un 35% menos da lonxitude proxectaba pero polo que a Xunta aforraba só un 17% do importe total previsto.

Atopáponos en 2023 e os ;os Orzamentos da Xunta recollen un investimento de 3,5 M€ para continuación da autovía entre Baio e Vimianzo ata a estrada AC-432 que vai a Camariñas (aínda a outros 5-10 km de Berdoias). Pero por agora nun unha soa pedra movida.

Onte foi o pleno da Deputación o que repasou a historia desta broma, a través dunha moción presentada polos grupos do PSOE e o BNG e que contou co voto favorable de todos os grupos agás o PP, que votou en contra. Unha moción que lembra a necesidade desta infraestrurura para f”rear esta sangría demográfica” que sofre a comarca.

NOVAS DA AUTOVÍA

Comentarios