O PSOE Costa Atlántica lamenta a falta de compromiso dos Orzamentos da Xunta coa Autovía

Seguen caendo valoracións sobre a baixa presencia de partidas para a Costa da Morte nos Orzamentos da Xunta para 2023. Onte eran os membros do PSOE da comarca de Bergantiños os que lamentaban o esquecemento crónico da Xunta para coa comarca. Hoxe recollemos as queixas dos Socialistas da Costa Atlántica, que critican a “a falta de compromiso da Xunta con infraestruturas como a Autovía”.
Cómpre lembrar que os Orzamentos si teñen unha partida de 3,5 millóns de euros para esta infraestrurura, pero o incumplimento nos últimos anos dunha partida semellante sen mover unha soa pedra, fai que o PSOE desconfíe.
“Un ano máis, o Goberno do Partido Popular na Xunta de Galicia esquecen á comarca da Costa Atlántica. Non pensan no día a día da cidadanía, malia as continuas demandas dos nosos alcaldes e alcaldesas”, sinala Paula Mouzo, coordinadora comarcal.
Mouzo reivindica que esta situación de esquecemento “debe cambiar e a cidadanía ten que coñecer a realidade que sucede na Xunta de Galicia”. Neste sentido, subliña “estanse a rir de nós, porque aqueles que gobernamos nesta comarca petamos nas portas da Xunta para pedir financiamento, pero logo o Goberno de Alfonso Rueda elabora uns orzamentos que nos ignoran”.
Recordaron “a falta de compromiso da Xunta con “reivindicacións históricas, como a ampliación da autovía a Camariñas, un proxecto que Feijoo xa dicía que estaba sobre a mesa fai anos”.
E dende o PSOE critican que concellos gobernados por populares si que reciban axudas para saneamento mentres que a outros de goberno socialista sempre se lle responda con negativas.
Afirman que van presentar enmemdas.
Novas relacionadas
- Socialistas de Bergantiños critican a falta de investimento na comarca.
- Socialistas de Coristanco e Malpical lamentan a falta de investimentos nos Orzamentos da Xunta.
- O BNG critica que os Orzamentos da Xunta inclúan partidas repetidas dende hai 12 anos.
- Os Orzamentos da Xunta inclúen, un ano máis, unha partida para o Corredor Baio-Berdoias.