Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Lembran os case 20 anos de promesas da Autovía Costa da Morte ata Brens

O desmonte da Autovía está realizado ata Berdoias
Lembran os case 20 anos de promesas da Autovía Costa da Morte ata Brens

Mentres seguimos esperando a que rematen as Sleas entre administracións por uns míseros 5,5 km entre Baio e Vimianzo, o sur da Costa da Morte segue esperando que se cumplan as promesas realizadas hai case 20 anos.

A Asociación de Veciños Costa da Morte de Fisterra quere lembrar aquel famoso Plan Galicia do post-Prestige, cando o presidente Fraga se comprometía “a dotar á Costa da Morte dunha autovía que a sacase do seu ancestral subdesenvolvemento”. Unha autovía completa, non “a cachos”, entre A Coruña e Brens.

A Asociación que preside Fernando Carrillo lembra ademais outras necesidades prometidas, como as instalacións náutico-deportivas aos portos de Laxe, Fisterra e Corcubión; ou a construción do futuro Centro de Saúde de Fisterra, que leva 17 anos esperando por unha reforma.

Novas relacionadas

Comentarios