Angel Carracedo, novo presidente da academia internacional de Medicina Legal
08:12 08/06/18
Dende esta mesma semana, a Academia Internacional de Medicina Legal (IALM) ten un presidente da zona. Durante o 24º congreso da Academia, que se desenvolve ata hoxe en Fukuoka (Xapón), elixiuse ao catedrático de Medicina Legal da USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, Ángel Carracedo, como o novo presidente desta academia internacional
A Academia Internacional de Medicina Legal, antes coñecida como a Academia Internacional de Medicina Legal e Medicina Social, foi fundada en 1938 na cidade de Bonn (Alemaña). O seu principal obxectivo é promover o progreso científico no campo da Medicina Legal, polo que promove a colaboración e o intercambio de información entre especialistas a nivel internacional. Con esta finalidade, a Academia organiza reunións e congresos científicos para establecer directrices e recomendacións nas diferentes áreas de Medicina Legal e a través das publicacións científicas.
A IALM ten como propósito colaborar con outras sociedades científicas neste eido, así como proporcionar coñecemento e experiencia para dar resposta ás consultas públicas relacionadas coa disciplina da Medicina Legal. A Academia integra organizacións médico-legais do ámbito internacional e conta con representantes da maioría de países de todos os continentes.
Máis información
- Concello de Santa Comba: CV de Ángel Carracedo.
- GCiencia: Ángel Carracedo, Premio Nacional de Xenética.
Novas relacionadas
- O xalleiro Ángel Carracedo, galardoado co Premio Nacional de Xenética 2015
- O xalleiro Ángel Carracedo abre as mentes xenómicas dos alumnos de Cee.
- O Instituto de Baio segue recibindo visitas ilustres, entre eles a Ángel Carracedo.
- Ángel Carracedo tamén sabe de xadrez.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Xornal da USC