Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Apagón Xeral contra o abuso das eléctricas

Apagón Xeral contra o abuso das eléctricas
Martes 15 de febreiro de 2011, día do consumidor. E para celebralo, decatándonos da importancia do consumo, a cidadanía de todo o estado vai secundar o convocado "Apagón xeral" en contra das últimas subidas da factura da luz por parte das Endesa, Iberdrola e Fenosa. Un apagón convocado a través das redes sociais, ao que xa están apuntados máis de 310.000 de persoas en toda a xeografía española, tan só a través do Facebook. Así, a mellor forma de protestar contra o abuso do monopolio das eléctricas, e de coidar o medio ambiente, é apagar todos os aparellos electrónicos entre ás 22:00h e as 22:05h deste martes 15 de febreiro de 2011.

O consumo, a nosa arma

Preséntase o consumo nestes tempos do século XXI como a única arma real do pobo, sen olvidarnos das revoltas que derrocan ditadores polo mundo. Nunha democracia onde o bipartidismo desvalora o noso voto, o consumo é a nosa verdadeira interacción coa nosa realidade social. E iso que moitas veces non nolo poñen nada sinxelo... De feito, así o apuntan dende as entidades convocantes: "Con só 30 minutos apagando todas as lámpadas, cociñas e todo o que se poida, a excepción dunha delas para ver, faremos un oco nas súas arcas e terán que deter os seus transformadores, acordándose así de todos aos que nos están a roubar".

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios