Sábado. 16.11.2019
El tiempo

Un exemplo sostible no carril-bici

Un exemplo sostible no carril-bici
Malia seguir sendo o grande olvidado polas administracións, a imprantación do carril-bici na bisbarra vai crecendo. Os concellos, e boa parte da veciñanza, amósase reacio a coller un vehículo historicamente moi usado na Costa da Morte. E non hai máis que ver a de veciños de idade avanzada que van da súa aldea á veciña en bicicleta. Tanto se fala de sostenibilidade pero nunca se tocan temas como o da mellora do terrible servizo de transporte colectivo da Costa da Morte, ou do fomento do uso do medio de transporte máis sostible do mundo. Tan só zonas como Cabana, Ponteceso e Laxe, con longas sendas peonís, asemellan ter un espazo para a bicicleta nas sás estradas. I é que compre sinalar que un espazo para a bici significaría un bo espazo para o peatón igualmente. E nunha zona onde os paseos son sagrados e as estradas tan perigosas, ciclousuarios e viandantes deberían estar moito máis seguros.

O exemplo carballés

Pero semella que por Carballo as cousas van noutro sentidos. O Concello xa abriu hai 3 anos un carril-bici ata Razo. E o fomento da bici segue en marcha. A pesar da oposición inicial da veciñanza, o Concello vén de abrir un carril-bici na Avenida de Malpica. Por alí xa se pode un desprazar pola vila, ou disfrutar con calma e seguridade dun paseo de fin de semana. De seguro que co tempo, os veciños van agradecendo esta aposta pola mobilidade.

Posibles lugares

Está claro que a xeografía faría inviable un carril-bici en moitos lugares da Costa. Evidentemente a un veciño de Santa Mariña de Camariñas non se lle ocorrería coller a bici para subir ata a pista e tirar ata Camelle. Pero pola contra hai zonas que serían perfectas para a creación dun carril-bici útil, non só de "domingueiros". Entre Cee e Corcubión sería un exemplo perfecto, sempre que se rematase un paseo que una as vilas. Por Fisterra tampouco estaría nada mal unir a Anchoa coa vila, tendo en conta o chan do terreo. Zas e Baio tamén poderían contar con un carril nos 7km que os separan. E así sucesivamente. Saben dalgunha zona que podería coller un carril-bici?.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios