Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os centros educativos da zona tamén participan na campaña Rumbo a Gaza

Os centros educativos da zona tamén participan na campaña Rumbo a Gaza
Continúa en marcha a campaña Rumbo a Gaza, que na Costa da Morte desenvolven as entidades Buserana e COSAL. Campaña que tras presentarse en sociedade, trata de chegar a cada centro educativo das terras de Fisterra para recaudar fondos e facer posible o envío dunha fragata con 200 persoas e 2.000 toneladas de axuda humanitaria á franxa de Gaza. A campaña no ensino consiste en solicitar a cada alumna e alumno un caderno, un lapis e mais 1 euro para @s nen@s de Gaza. En primaria, dende Cosal e Buserana están achegándose polos centros impartindo unha charla informativa para o terceiro ciclo (5º e 6º), pero tamén os propios mestres son os que achegan á realidade aos seus alumnos noutros centros. Ademais, en secundaria, Cosal e Buserana prantexan unha charla e a proxección de varias curtas relacionadas coa mesma e co tema, i é que o audiovisual chega máis a fondo.

Axudas realizadas

Até o de agora, son varios os centros, tanto de primaria como de secundaria, que levan a cabo a campaña, anque en diferentes fases. Nalgúns, na que se presentou antes, xa se rematou e se recolleu o material; noutros, sen embargo, vaise levar a cabo nas vindeiras semanas. Así, a relación de centros participantes é:
  • CEIP Mar de Fóra, de Fisterra: xa rematou a campaña coa aportación de 129 euros, 129 libretas e 209 lapis.
  • CEIP Areouta, de Sardiñeiro: xa rematou a campaña, coa aportación de 50 euros, 47 libretas, 70 lapis, 5 afías e 50 gomas de borrar.
  • CEIP Praia de Quenxe, de Corcubión: xa rematou a campaña, coa aportación de 62 euros, 61 libretas, 114 lapis, 5 bolis, 3 afías, 15 gomas e 2 ceras.
  • Colexio Manuela Rial, de Cee: tiveron unha charla o mércores 26 de xaneiro e xa rematou, coa aportación de 23 euros, 45 libretas, 52 lapis, 2 bolis e 14 gomas.
  • IES Fernando Blanco: na ESO tiveron unha charla o 24 de xaneiro, e a campaña aínda está aberta, en espera dos bacharelatos.
  • CEIP Eugenio López, de Cee: tiveron unha charla o luns 31 de xaneiro, e a campaña aínda está aberta.
  • IES Ramón Caamaño, de Muxía: tiveron unha charla o 4 de febreiro, e a campaña aínda está aberta.
  • CEIP de Vilarmide: a campaña está en curso.
  • IES de Carnota: terán charla o vindeiro 15 de febreiro.
Ademais destes, dende COSAL e Buserana teñen enviado información sobre a campaña a centros de Dumbría, vimianzo, Baio e Muros.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios