Venres. 19.04.2024
El tiempo

Aparece en Fisterra un corpo flotando no mar

Aparece en Fisterra un corpo flotando no mar
    O suceso aconteceu na zona preto da Langosteira
Aparecía esta tarde, arredor das 19:00, un cadáver no lugar de San Roque, entre a zona do “Cabello” e do “Raposo”, a zona de caliñas que hai à altura da Cruz de Baixar, na entrada de Fisterra.  Segundo nos confirman fontes achegadas, o corpo é dun veciño da zona, que caía ao mar nunha zona de augas tranquilas. Buceadores da zona atopaban o cadáver na auga e o mantiñan a flote ata a chegada da embarcación de Salvamento Don Inda. Ao lugar acodiron axentes de Proteccion Civil, Policía Local e Garda Civil. Fonte Redacción de QPC

Comentarios