Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A APTCM pon en marcha un Proxecto Piloto de promoción dos nosos produos do mar

APTCM coa Conselleira do Mar Rosa Quintana
A directiva.de APTCM coa Conselleira do Mar Rosa Quintana
A APTCM pon en marcha un Proxecto Piloto de promoción dos nosos produos do mar

Mantivo onte a da Asociación de Profesionais do Sector Turístico da Costa da ´Morte (APTCM) coa Consellera do Mar, Rosa Quintana. Unha reunión para solicita o apoio da Xunta para executar un Proxecto Piloto de promoción dos diferentes produtos pesqueiros e marisqueiros neste ano 2023 así como nun proxecto de carácter trianual no que
se potencie e promovan accións entre o sector pesqueiro e os empresarios socios desta entidade.

A iniciiativa tratará de dar valor ao produto local implicando ao sector do mar co sector empresarial ao longo de todo o ano para paliar un déficit que o territorio ten nestes intres como e a desestacionalización. Obxectivo prioritario da nova política da asociación.

Incidiron en que “a asociación debe ser un nexo de unión entre os diferentes axentes do territorio poñendo en valor a calidade dos produtos (neste caso, pesqueiros e marisqueiros) a través de diferentes accións tales como xornadas de exaltacións por especies ao longo do ano e facendo partícipes as entidades pesqueiras (Confrarías de Pescadores) e aos locais de restauración e outro tipo de asociados de APTCM.”

Dende a Consellería se lles trasladou o “total apoio a este tipo de iniciativas que consideran, de unha gran importancia para a promoción non so dos axentes da pesca e do marisqueo
senón que tamén do territorio.”

Elaborarase un calendario en función das especies para promover os conceptos de sustentabilidade e calidade en clave de desestacionalización.

Comentarios