APTCM segue levando o nome da Costa da MOrte polas feiras da península


A Asociación Profesional do sector turístico da Costa da Morte trasladou ao seu persoal a Bilbao para continuar co traballo de comercialización en destinos emisores. A tarefa fundamental, ao igual que xa se fixo en Navarra, Gerona, Alicante e Murcia, será dar a coñecer os paquetes turísticos da asociación entre as axencias de viaxes.
De feira en feira
A Costa da Morte tamén estará presente na XXXII edición da Feira Expovacaciones de Bilbao, que comezou onte xoves e se prolongará ata o próximo domingo. Desde o stand da Deputación da Coruña darase cumprida información sobre o noso destino. Ademais, todo aquel que se achegue polo stand poderá participar no sorteo dunha fin de semana nun dos aloxamentos da asociación, o Hotel Insua.
Novo mapa turístico
Por outra banda, a nosa asociación informa aos seus socios de que xa está dispoñible na sede da entidade a nova edición do mapa de recursos turísticos. Este mapa recolle ademais dos recursos turísticos mais importantes, unha serie de rutas de sendeirismo e un directorio dos establecementos asociados.
Novas relacionadas
- APTCM mantén a oficina de turismo de Corcubión.
- O Congreso MODELO reivindica novas Autopistas de comunicación.
- A Costa da Morte na televisión de Castilla e León.
- Xornalistas especializados de toda a península coñecen os tesouros da Costa.
- A APCTM dedicou o recoñecemento da HGG-agatex aos “heroicos empresarios da Costa”.
Fonte
- Diputacion.