Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Arrancan con éxito as xornadas de Interpretación dos Bosques de Senda Nova

Arrancan con éxito as xornadas de Interpretación dos Bosques de Senda Nova
As pontes artesanais realizadas por Senda Nova permiten ampliar o percorrido da ruta dos camiños de Aldemunde As pontes artesanais realizadas por Senda Nova permiten ampliar o percorrido da ruta dos camiños de Aldemunde A asociación ecoloxista Senda Nova acaba de poñer en marcha as xornadas de Intepretacións dos Bosques con dúas actividades nas que se deixou ver o éxito da iniciativa que ten como obxectivo poñer en valor o bosque autóctono. A primeira das actividades destas xornada tivo lugar o pasado 1 de marzo na biblioteca Rego da Balsa de Carballo. Alí, grazas á colaboración do CEIDA - Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia - proxectouse o documental "Amazonía Carbonizada". Os espectadores comprobaron a destrucción que está a sufrir o Amazonas e compararon esa situación local, principalmente na mentalidade e sicoloxía ao respecto dos proxectos económicos destructivos. A segunda das actividades destas Xornadas de Interpretación dos Bosques dicorreu entre os concellos de Cerceda, Tordoia e Carballo. Alí levouse a cabo a ruta "Camiños de Aldemunde" na que participaron unhas 40 persoas que tiveron a oportunidade de camiñar por un dos poucos bosques autóctonos que se conservan na Costa da Morte. Unhas 40 persoas participaron na ruta polos camiños de Aldemunde organizada por Senda Nova Unhas 40 persoas participaron na ruta polos camiños de Aldemunde organizada por Senda Nova A camiñata comezou no Toural, na parroquia de Rodís. Éste camiño é xa un clásico de Senda Nova que cada ano amplía a súa lonxitude grazas ás pontes artesanais que elaboran os voluntarios da asociación e que permiten avanzar no terreo costento dun dos bosques mellor conservados da Costa da Morte.  Pontes sobre o río Abeleira que acaba por rendirse á chaira bergantiñán e descolgarse á mesma, bravo e saltarín, dende a meseta de Ordes. Pontes cara a sensibilización ecolóxica, cara un sentimento que mira e admira  un bosque que representa moitísimo nos dez anos de historia da entidade. Centímetro a centímetro os camiñantes perdéronse na media ducia de metros contemplando o escalar do mofo polas cortizas dos bidueiros. Ademais esta é unha zona na que se rexitra unha ampla variedade de flora, un auténtico espazo metodolóxico para o nutrido grupo de rapaces e rapazas da Escola Ambiental, que non necesitan máis que a observación e o escoitar do bosque para levar a súa pegada a través das sementes de castiñeiro, de multitude de especies vexetais en forma de representativas follas secas de bidueiro, castiñeiro, carballo, abeleira, ameneiro, salgueiro... mesmo as que, con folla perenne, serven de acubillo para os animais do bosque en tempos de frío, como a silvarda, o loureiro ou mesmo o acivro. Abondosos exemplos de especies que ocupan, cada unha, un determinado espazo vertical. Complementandose, necesitando unhas doutras, en perfecta sociedade. Ameazas "O corazón dun dos espazos de vexetación autóctona máis importantes está ferido  con prantacións, sobre todo dun eucalipto Regnans, que se expande como as auténticas pragas. Que devora a ecoloxía do bosque autóctono" denuncian dende Senda Nova. Durante a ruta, os camiñantes tiveron a oportunidade de comprobar que as zonas queimadas concentranse nas de eucalipto onde a penas existe flora debaixo da súa follaxe. Ademais, segundo indican os expertos, este tipo de terreos non son capaces de soportar o enorme porte e altura dos exemplares, sendo vítimas do vento e rematando por desmoronarse, ladeira abaixo, sobre a vida doutros exemplares, mesmo especies autóctonas. Deste xeito, hai zonas donde a acumulación de madeira seca  é realmente impactante, sobre todo pola caída de enormes exemplares de especies foráneas. Deste xeito, o río, como zona máis baixa, vese afectado nun cauce que, en épocas de enchenta arrastra con el toneladas de madeira que é capaz de tirar con pontes. Un exemplo é a ponte antiga de pedra que cruzaba a Ribeira no camiño que uníu Aldemunde coa veciña Cerceda nunha desas fermosas corredoiras que se converten en pista, co ánimo de meter maquinaria pesada para as plantacións. Segundo indican dende Senda Nova, ano tras ano, os voluntarios e voluntarias da entidade observan como medran estas ameazas sobre o bosque autóctono. Como contraposición, os camiñantes tiveron a oportunidade de escoitar, unha vez máis, as historias de "Jesús de Regueiro" que se encarga de manter vivo un muíño no que moe o gran que sirve de alimento aos seus animais. A ruta continuou polo monte onde os participantes tiveron a oportunidade de comprobar a pegada da fauna. "Unha pegada que admiraron o animoso grupo dos máis novos, unhas sinais en forma de deposicións de raposo, en forma de pegada de xabarín, da fozada de porco teixo. Incluso o lobo se deixou intuir en forma de defecación" indican os membros de Senda Nova. O punto final do camiño estaba no dolmen da Pedra Moura. Próximas convocatorias xornadas interpretacion bosques senda nova As xornadas de Interpretación dos Bosques organizadas por Senda Nova continúan o próximo xoves, 10 de marzo ás 20 horas, coa proxección do documental “Green” na biblioteca Rego da Balsa de Carballo. "Green" narra as consecuencias da deforestación en Indonesia a través dos ollos dunha femia de orangután que foi rescatada en condicións extremas. Este problema, ademais de producir grandes danos ambientais, está a causar a acelerada perda dunha das especies de primate máis cercana a nós, o orangután. E como sempre, durante a fin de semana haberá unha ruta de sendeirismo que nesta ocasión será o sábado, 12 de marzo, polo río Bardoso-Berbia. Esta xornada divídese en dúas partes. Ao longo da mañá visitarase o curso medio-alto do río Bardoso, ao seu paso pola parroquia de Montemaior - A Laracha- . A tarde completase coa visita ao bosque da Berbia, na parroquia carballesa de Entrecruces. Tratase dunha fermosa marcha na que habitan moitas especies arbóreas autóctonas a pesares da cada vez maior introdución do eucalipto e a acacia. Tamén teñen importancia varias especies de fento, algunha delas sen apenas evolución dende a época dos dinosaurios. Os interesados en participar nesta camiñata gratuita deben apuntarse antes do venres no número de teléfono 696155232 ou a través do correo electrónico [email protected]. Novas relacionadas Fonte

Comentarios