As Cartas do Avó Pascasio: A aporofobia do réxime macricida
11:20 02/05/16
Moi querida neta Cristina:
Escríboche ao recuncho santacruceño do Calafate. Na beira do fermoso lago Arxentino estás máis tranquila e con algo máis de tempo para escoitar os queixumes dun vello emigrante que sofre coa brusca caída do benestar na súa amada segunda patria. Fuches coa cabeza alta a declarar diante dun controvertido xuíz. O escrito que presentaches deixouno noqueado. Creo que se arrepinte de citarte sen ningunha xustificación porque agora sinálano como o culpable de que centos de miles de cidadáns saian á rúa a apoiarte. Quérente queimar pero elévante e converten en única abandeirada do amplo movemento cidadán que non se morfa o conto barato de que con alegría se arranxa todo.
Acá arriba temos debates semanais sobre os acontecementos arxentinos. Preocúpanos moito que a alianza mafiosa entre o Partido Macricida e os seus socios do Clan do Clarinete manteña pichicateados a millóns de cidadáns que negan o evidente e putean cara atrás. Se blanquea o escuro presente e se negrea o recente pasado de progreso social. Os avós buscamos explicacións para tanta cegueira empecinada nun país con alto índice de educación. O filósofo Ricardo Forster acláranos un pouco sobre o desinformador merengue ao dicir que "a nova construción propagandística segue bombardeando á sociedade coa corrupción do populismo e as valijas cheas de diñeiro da ruta K mentres a risa infernal dos poderosos multiplícase para goce daqueles votantes que están fascinados cos seus depredadores e cegos á destrución da súa propia vida e do futuro dos seus fillos".
Na última reunión, o compañeiro Graña Etcheverry -xenro do gran poeta Drummond de Andrade- leunos un texto do profesor Emilio Martínez Navarro (Universidade de Murcia) que pensa é moi útil para explicar o triunfo de Macri. Sostén o amigo Manuel que debemos de considerar a gran parte do electorado macrista como afectado pola aporofobia. Quedámonos en fóra de xogo xa que nunca escoitamos tal palabrita. Enseguida decatámonos. Resulta que aporofobia vén do grego. O vocábulo fórmase a partir de: á-poros -pobre, sen recursos, indigente- e fobia -medo, temor-, é dicir, sentir medo ao pobre ou á pobreza. É unha actitude ou sentimento de rexeitamento ao pobre, ao desamparado ou ao que carece de saídas, medios ou recursos. O prof. Martínez Serrano asegura que é un sentimento adquirido.
Interésanos moito esta aproximación ás motivacións do pensamento do votante macrista. Quizais a aporofobia sexa unha das falsas ideas que máis axudaron ao triunfo electoral de don Mauricio. Apuntei unha frase de Martínez Navarro que nos achega ao interior de moitos arxentinos: A aporofobia indúcese, provócase, apréndese e difunde a partir de relatos alarmistas e sensacionalistas que relacionan ás persoas de escasos recursos coa delincuencia e cunha suposta ameaza á estabilidade do sistema socio-económico. É bastante evidente que os medios desinformadores actuaron na liña repetitiva de que todos os graxa son peronistas e todos os peronistas son vagos e todos os crotos son sospeitosos e todos os pichis son perigosos.
Despídome. O tema dá para maior reflexión pero téñome que ir. Non quero perderme a intervención de Juan Carlos Romeu López en "A Victoriosa", unha radio que aposta polo teu retorno á política activa. Espero que ao comezo do programa poñan a canción "Quero volver estar mal" do gran Ignacio Copani. Recibe o agarimo do avó fonsagradino que se enorgullece dunha neta que non se engurra diante de ningún temporal.
- Pascasio Fernández Gómez
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.com).
Outros artigos dende Lonxe de Montevideo
- Un moi lixeiro mecánico dental.
- As cartas do Avó Pascasio: Hai algo que non pecha.
- As Cartas do Avó Pascasio: O regreso de Alberto Manguel.
- A familia Batán do Mosquetín.
- A Banda Oriental é un bastión de benestar.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha cancha moi enlamada.
- As cartas do Avó Pascasio: Un bo vaso de viño tinto.
- As cartas do avó Pascasio: Unha changuita para Inés.
- As cartas do Avó Pascasio: A dieta macricida prohibe o asado.
- As cartas do avó Pascasio: O macriquilombo instálase na República Arxentina.
- Isabel, a noiva “gayega” de Carlos Gardel.
- Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- As cartas do avó Pascasio: A nacionalización do Centro Galego de Bos Aires.
- Sr. Jorge Daniel Lemus: Ministro de Saúde da nación Arxentina e fillo duns emigrantes de Cereixo.
- A dieta macricida do globo amarelo.
- A marcha atrás tamén é un cambio.
- As cartas do Avó Pascasio: Una quintita en Avellaneda.
- Non somos pedras.
- As Cartas do Avó Pascasio: Un erro pódese convertir nun horror.
- Eu tamén son fisterrán!.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha petición para o presidente Scioli.
- As cartas do Avó Pascasio: Non coman a curva!.
- As cartas do Avó Pascasio: Imos con Daniel da Villa Crespo.
- As Cartas do Avó Pascasio: Non foi maxia pero foi máxico.
- As cartas do avó Pascasio: “Milonga de aquí”.
- Unha linda primavera aurinegra!.
- Un golazo de Cristina!.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha ovella negra no poder.
- A auga é vida.
- A moi garimosa República Arxentina.
- As cartas do avó Pascasio: Homenaxe a Amelita Baltar.
- As cartas do Avó Pascasio: O valor dunha neta de Cuntis.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha balea azul na Avenida Sarmiento.
- As cartas do Avó Pascasio: O repouso do “Centrojás”.
- As cartas do Avó Pascasio: A almendra no aquelarre.
- As cartas do Avó Pascasio: “Volverei e serei millóns.
- Gol de Galeano!.
- As cartas do Avó Pascasio: O tren que move aos arxentinos.
- As cartas do Avó Pascasio: Un país de novela.
- O segundo mandato do “gayego” Vázquez.
- As cartas do Avó Pascasio: No corazón dos arxentinos.
- As cartas do Avó Pascasio: Non me toquen a Cristina!.
- As cartas do avó Pascasio: Os nosos herdeiros son arxentinos.
- JE SUIS Centro Galego de Bos Aires.
- As cartas do Avó Pascasio: O Centro Galego da Habana.
- Dona Diáspora na Habana.
- As cartas do avó Pascasio: Os avós que laburamos de albañiles.
- Don Tabaré, presidente electo dos uruguaio.
- O médico de La Teja.
- No paraíso dos paraísos.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Un “hornero” chamado Tabaré.
- Carlos Penelas en Compostela.
- Dona Calandria Fernández e don Voitre Singer.
- A desaparición do Centro Galego de Bos Aires.
- Dona Diáspora viaxa ata San Isidro de Curuguatí.
- Un adeus garimoso para un amigo da Costa da Morte.
- Dona Diáspora nas beiras do Chamangá.
- Dona Diáspora na cidade uruguaia de Melo.
- San Gardel de Tacuarembó.
- Dona Diáspora na rambla de Piriápolis.
- Un fogón artiguista en Madrid.
- As Cartas do Avó Pascasio: Os neopiratas á abordaxe de Galicia.
- As cartas do avó Pascasio: O “Clan do Clarinete” perdeu a partitura:
- As cartas do Avó Pascasio: O caldo galego sempre vén ben.
- O poema e a canción.
- As cartas do Avó Pascasio: A boa saúde do cine arxentino.
- O retorno de Lucía.
- As cartas do avó Pascasio. Unha “Queimada Solidaria” no Centro Galego de Bos Aires.
- As cartas do avó Pascasio: Os números cantan.
- As cartas do avó Pascasio. No barrio montevideano de La Teja.
- Hai que aprender do goberno arxentino!.
- As cartas do Avó Pascasio: Lembras a Burgueño?.
- Consuelo e Susana: unha mesma emoción emigrante en Bos Aires.
- As cartas do Avó Pascasio: O vindeiro xoves 25 de xullo.
- As cartas do avó Pascasio: Unha querella en Madrid.
- As cartas do avó Pascasio: Aplausos para a pontevedresa Ángeles Ruibal.
- O novo Centro Galego de Bos Aires.
- A alegría porteña dunha emigrante de Vila de Cruces.
- As cartas do avó Pascasio. Un interventor con sensibilidade galega.
- Unha loitadora emigrante de Vimianzo en Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio. Adeus peixes, adeus leite.
- Volvemos ao Río da Prata.
- As cartas do avó Pascasio: Os neo-filibusteros atacan Pescanova.
- A “Suprema Inxustiza” da impunidade.
- Unha conversa na mámoa de dona Pedra da Arca.
- Unha carta ao Dr. La Blunda [Interventor do Centro Galego de Bos Aires].
- As cartas do Avó Pascasio: Un heroico mariñeiro de Fisterra.
- Dona Diáspora en Borneiro.
- Dona Diáspora en Baíñas.
- As cartas do avó Pascasio: Esperando ós Reis Magos.
- As cartas do avó Pascasio: Unha visita á Casa de Galicia de Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio: Aprender dos erros.
- As cartas do avó Pascasio: En busca dos millóns perdidos.
- As cartas do Avó Pascasio: Un fogar común na esquina de Belgrano e Pasco.
- Aquel neno da montaña leonesa de Villamanín.
- As cartas do Avó Pascasio: Enganchados ao carro arxentino.
- As cartas do avó Pascasio: A nosa moeda son os pesos arxentinos.
- As cartas do avó Pascasio: Os nosos carballos.
- As cartas do avó Pascasio: Viñemos para sementar.
- Os españois apretan o cinto.
- O ingreso de dona Balbina na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Uruguai abre o camiño para a derrota dos narcotraficantes.
- Forza Elba!.
- Aos moi prezados dirixentes de entidades galegas na Emigración.
- Unha muller no temón do Centro Galego de Bos Aires.
- A urxencia dunha solución para o Centro Galego de Bos Aires.
- Adeus, egrexio mestre Cordeiro Monteagudo.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Graciñas, prezada Arxentina!.
- Sempre con Arxentina!.
- Berremos forte: forza Centro Galego de Bos Aires!.
- A forza dunha neta da parroquia de Bamiro Montevideo.
- O noso embaixador honorario en Bos Aires.
- O fungueiro de Bartolomé Hidalgo.
- Tres galegos da Costa da Morte en terras montevideanas.
- O hórreo do presidente Mujica.
- “La Juvenil” de Bos Aires e “Casa Cruz” de Baio.
- Forza Adolfo!.
- Dona Diáspora busca traballo en Montevideo.
- Galicia, entre Piriápolis e Tacuarembó.
- An Oriant, graciñas.
- Os mesmos sentimentos emigrantes en Bos Aires.
- Un rapaz solidario chamado Martiño.
- A maleta montevideana de dona Diáspora.
- A maleta arxentina de dona Diáspora.
- A forza dos Penedos de Pasarela.
- Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata.
- En Bos Aires, unha romería solidaria.
- A páxina emigrante dunha gaiteira montevideana.
- Sempre na Habana!..
- Imos camiño da Habana?.
- O exilio de don Voto Perdido.
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).