Cada comarca da Costa da Morte perde un centenar de persoas ao ano

Continuamos recollendo datos poboacións da Costa da Morte a través do Instituto Galego de Estatística. E cada vez que o facemos levamos as mans á cabeza, porque os datos son realmente alarmantes. O envellecemento segue a ser unha das grandes preocupacions. Xa vimos que en 10 anos, haberá 213 maiores de 65 anos por cada menor de 20, pero tamén a emigración pesa (un cuarto da poboación da Costa da Morte vive fóra).

Hoxe recollemos os datos do movemento natural da poboación nos últimos 5 anos, cos nacementos e defuncións, vaia, co saldo vexetativo. Porque xa non se pode denominar crecemento vexetativo, porque o saldo sae negativo. Ou negativísimo.

I é que nos últimos 5 anos, analizando os 15 concellos que recollemos en QPC contabilizamos un saldo negativo entre nacementos e defuncións de -2.774. E se incluimos os concellos da comarca de Bergantiños (Laracha, Coristanco e Carballo, que cubriremos nun futuro non lonxano) e Santa Comba, sumamos un saldo de -3.341 nas 5 comarcas que atinxen á Costa da Morte.

Sen dúbida, a comarca de Bergantiños é a máis afectada en termos absolutos, se ben tamén é a máis poboada. O saldo dos 7 concellos bergantiñáns é de -1.302 persoas, sendo os concellos de Carballo e Malpica os máis afectados.

As comarcas de Soneira, Fisterra e Muros suman valores semellantes con arredor dun centenar de persoas menos por comarca e ano. Un dato que mete medo, e que nos sitúa nun futuro cunha pirámide de poboación totalmente invertida, como vimos no último estudio realizado.

Nacementos Defuncións Saldo vexetativo
COMARCA Bergantiños
2006 528 752 -224
2007 460 769 -309
2008 537 800 -263
2009 506 774 -268
2010 528 766 -238
Cabana de Bergantiños
2006 19 60 -41
2007 19 58 -39
2008 15 65 -50
2009 20 75 -55
2010 19 55 -36
Laxe
2006 17 34 -17
2007 17 40 -23
2008 29 32 -3
2009 16 31 -15
2010 20 37 -17
Malpica
2006 33 89 -56
2007 23 88 -65
2008 31 99 -68
2009 31 89 -58
2010 31 97 -66
Ponteceso
2006 39 84 -45
2007 40 90 -50
2008 36 90 -54
2009 22 76 -54
2010 33 84 -51
COMARCA Fisterra
2006 168 257 -89
2007 149 268 -119
2008 149 256 -107
2009 149 284 -135
2010 150 250 -100
Cee
2006 64 70 -6
2007 64 80 -16
2008 59 78 -19
2009 65 94 -29
2010 63 54 9
Corcubión
2006 22 22 0
2007 9 19 -10
2008 12 20 -8
2009 14 18 -4
2010 13 21 -8
Dumbría
2006 20 40 -20
2007 22 41 -19
2008 14 36 -22
2009 14 51 -37
2010 12 45 -33
Fisterra
2006 34 50 -16
2007 36 49 -13
2008 43 58 -15
2009 30 37 -7
2010 31 50 -19
Muxía
2006 28 75 -47
2007 18 79 -61
2008 21 64 -43
2009 26 84 -58
2010 31 80 -49
COMARCA Muros
2006 83 173 -90
2007 77 185 -108
2008 79 198 -119
2009 97 181 -84
2010 63 180 -117
Carnota
2006 16 67 -51
2007 18 72 -54
2008 22 70 -48
2009 33 69 -36
2010 22 66 -44
Muros
2006 67 106 -39
2007 59 113 -54
2008 57 128 -71
2009 64 112 -48
2010 41 114 -73
COMARCA Terra de Soneira
2006 126 242 -116
2007 105 233 -128
2008 100 225 -125
2009 100 211 -111
2010 102 203 -101
Camariñas
2006 36 54 -18
2007 39 63 -24
2008 42 64 -22
2009 42 55 -13
2010 35 71 -36
Vimianzo
2006 63 101 -38
2007 38 101 -63
2008 42 98 -56
2009 41 100 -59
2010 45 88 -43
Zas
2006 27 87 -60
2007 28 69 -41
2008 16 63 -47
2009 17 56 -39
2010 22 44 -22
COMARCA Xallas
2006 84 196 -112
2007 90 214 -124
2008 97 199 -102
2009 70 202 -132
2010 62 220 -158
Mazaricos
2006 17 73 -56
2007 27 71 -44
2008 26 74 -48
2009 13 64 -51
2010 12 75 -63
TOTAL COMARCAS -3.341

Máis información

Estudios relacionados

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Datos do IGE.