As irregulares altas e baixas do alcalde de Coristanco


A política de sainete do Concello de Coristanco segue sendo un caso único en Galicia. A esperpéntica moción de censura do pasado verán deixou ao Concello á deriva, cun alcalde que fai de “ventre de aluguer” (como chaman os ruxe-ruxe da zona a Abraham Gerpe) que vive en mans do eterno alcalde coristanqués, o Antonio Pensado Plágaro.
O popular, sobre o que pesa unha petición da fiscalía de 4 anos e 6 meses de cárcere e 12 anos de inahibilitación, segue exercendo o bastón de mando como antes de perder a alcaldía. Ata o punto que foi o propio Pensado Plágaro o que impuxo o novo soldo que cobra dende o pasado mes Gerpe. De feito, non sabía Gerpe que Plágaro fixo un dos seus arranxos para que Gerpe cobrase a efectos dende o 25 de agosto de 2017, a pesar do seu reiterado argumento que non ía cobrar dedicación para non cargar ás precarias arcas municipais cos seus máis de 3.000€ brutos.
Chegaron polo medio dous accidentes de coche que provocaron sendas baixas, o que acabou provocando unha dualidade nas contas da Seguridade Social, que en outubro remitía un escrito ao Concello polo que non se lle modifica a alta na Seguridade Social con efectos retroactivos a data do 25 de agosto. Era unha resposta emitida pola SS a un documento enviado polo alcalde en funcións durante a baixa de Gerpe, que non era outro que Pensado, no que solicita a alta con efectos retroactivos desde 25 de agosto de 2017. Un documento do que non consta rexistro municipal, un caso típico para casos de falsificacións documentais polas que está acusado Plágaro.
Como é posible que un alcalde cobre un soldo, ao mesmo unha baixa, sen estar dado de alta sequera na Seguridade Social? preguntábanse os membos de TEGA, que procederon a denunciar o caso.
Novas relacionadas
- 02-02-18: O alcalde de Coristanco ponse soldo a pesar do veto da Xunta:
- 01-02-18: En Marea Coristanco critica que o concello non cumpra coa lei de Transparencia.
- 30-01-18: Veto da Xunta a Coristanco e Ponteceso por non presentar as contas de 2016.
Artigos relacionados
A historia da moción de censura de Coristanco
- 17-10-17: O PSdG rexistra o recurso contencioso-administrativo contra a moción de censura de Coristanco.
- 28-09-17: Pensado Plágaro presidiu o primeiro pleno da nova etapa municipal de Coristanco.
- 01-09-17: O PSdeG recorrerá por vía contencioso-administrativa o pleno da moción de censura de Coristanco.
- 31-08-17: Os concelleiros de TeGa Coristanco renuncian aos seus cargos de goberno.
- 30-08-17: En Marea presenta un escrito instando ao Goberno estatal a actual contra a “ilegal” moción de censura de Coristanco.
- 28-08-17: En Marea pide a actuación do Estado para anular a moción de censura de Coristanco.
- 25-08-17: O PP abrirá expediente disciplinarios aos concelleiros que fixeron posible a moción en Coristanco.
- 25-08-17: Abraham Gerpe, novo alcalde de Coristanco ao sacar adiante a moción de censura.
- 24-08-17: O PP rompe o seu silencio dando por pechada a moción de censura en Coristanco.
- 23-08-17: O PSdG expulsa a Abraham Gerpe e fai case imposible a moción de censura en Coristanco.
- 22-08-17: TeGa arremete contra PP e PSOE no marco da moción de Coristanco.
- 11-08-17: O PSdG Provincial dá marcha atrás á moción de censura de Coristanco.
- 08-08-17: PSOE e PP presentan unha moción de censura en Coristanco.
Máis novas da política municipal de Coristanco
- Xaneiro 2018: En Marea analiza a situación política de Coristanco cinco meses despois da moción de censura.
- Xullo 2017: O BNG de Coristanco lamenta “un goberno sen proxecto nin iniciativas” tras un pleno de 15 minutos.
- Xuño 2017: En Marea fai balance dos dous do goberno “caciquil” en Coristanco.
- 22-06-17: O suposto suborno do PP a unha edil de TeGa tensa máis a corda da política coristanquesa.
- 22-06-17: Lavandeira califica de traizón a marcha de Verónica Facal de TEGA.
- 21-06-17: Verónica Facal deixa só ao alcalde á fronte de TeGa de Coristanco
- Febreiro 2017: O BNG sae do goberno de Coristanco e deixa só ao alcalde.
- Febreiro 2017: Os veciños volven quedar sen palabra no pleno de Coristanco.
- Novembro 2016: O PSOE de Coristanco apoia unha moción da revisión do IBI presentada polo PP.
- Xuño 2016: O BNG de Coristanco critica a falsa xenerosidade do edil do PSdG
- Xuño 2016: O edil do PSOE de Coristanco renuncia á súa dedicación.
- Xuño 2015: PSOE e BNG apoiarán a investidura a Amancio Lavandeira como novo alcalde de Coristanco.
- Abril 2015: Gerpe, o alcaldable máis novo do PSdG en toda a provincia.
Máis novas
- Maio 2015: Por que non nos importa a imputación dos nosos candidatos á alcaldíá.
- Maio 2015: A man culpable do alcalde de Coristanco Pensado Plágaro.
- Xuño 2014: O alcalde de Coristanco, imputado por prevaricación e malversación de fondos públicos.
- Febreiro 2014: A concesión de obras municipais volve levar a un Concello de Coristanco ante a Xustiza.
- Febreiro 2014: Rexistro no Concello de Coristanco por suposto delito de prevaricación e tráfico de influencias.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).