As mamás de Salvacadelos
18:44 29/09/10
Son elas as verdadeiras artífices de que a iniciativa solidaria Salvacadelos sexa unha realidade. As veterinarias da Clínica Veterinaria Argos de Cee, son as que manteñen o contacto directo con todos eses animaliños que buscan familia, e se preocupan de presentarlles aos clientes os novos inquilinos.
Irene e Silvia son unha parella de veterinarias moi activas. Coma se fosen "o punto e o i" percorren a Costa de arriba abaixo co botiquín na furgoneta para visitar aos centos de animais que precisan atención sanitaria. Iso si, o servizo pode ser completo e a señora Carmen ocúpase da peluquería. O equipo complétase co xefe, Pablo, unha desas persoas que con só unha mirada é capaz de manter a raia ao can máis fero.
Teñen historias para dar e tomar. A de cadelos que teñen atopado pola estrada, e a de veces que se teñen namorado dun deles. Unha das que conseguí conquistar o seu corazón foi a Nana, esta gatiña que campa pola clínica coma se a súa casa fóra. I é que a súa casa é de feito.
Xa no Facebook
Salvacadelos xa está funcionando polo Facebook. Todo gracias ao patrocinio da empresa afincada na Costa da Morte Prodemar - Stolt Sea Farm.Máis información
Se queren acoller a un destes fermosos animaliños, poden entrar en www.salvacadelos.com ou chamando á Clínica Veterinaria Argos de Cee no 981 745 826.Novas relacionadas
- Salvacadelos estrea novo blog e xa está no Facebook.
- Diario dun ecografísta: A bitácora da semana (LXVII): Sombra acústica.
Novas de Salvacadelos
- Un motorista achega a Salvacadelos un can que se lle botou enriba polas estradas de Muxía.
- Salvacadelos atopa un fogar a varios cadeliños abandonados.
- Aparecen abandonadas en caixas de cartóns dúas camadas de cans e gatos.
- A cadela que sobreviviu ao lume.
- Os netos da Marina buscan un novo fogar en Salvacadelos.
- Salvalcadelos busca a familia dunha cadeliña perdida polo Parque de Bombeiros de Cee.
- Unha cadeliña busca familia con quen xogar en Salvalcadelos.
- Dous cadelos abandonados buscan familia en Salvacadelos.
- Un novo can abandonado en Salvacadelos.
- 3 cachorriñas cruces de cocker e boxer chegan a Salvacadelos.
- Dous novos abandonos de cans na Costa da Morte.
- Un novo abandono dunha cadeliña nas estradas da bisbarra.
- Moitos cans abandonados buscan fogar en Salvacadelos.
- Chispas busca fogar.
- Salvacadelos busca casa para Peluso.
Historias que animan
- Marley perdeuse pero xa voltou a casa.
- Salvacadelos xa forma familias numerosas.
- Salvacadelos traspasa fronteiras.
- Luca Toni marca con Salvacadelos.
- Dúas bonitas historias da man de Salvacadelos .
- A nova vida de Kas.
- O pequeno ácrata de Pía Lago .
Máis novas
- Opinión: Da necesidade de indentificar aos cans con microchip .
- O fin da época de caza deixa unha morea de cans abandonados.
- É verdadeiramente un deporte?.
- Hai algún matón solto polo coto de Pasarela.
Fonte
- Redacción de QPC ( [email protected]).
- Clínica Veterinaria Argos de Cee.