As mulleres da Buserana alzan a voz na Costa da Morte contra a reforma da Lei do Aborto


Sempre é bo que a comunidade da Costa da Morte faga valoracións e analice asuntos que atinxen a todo o estado. E a reforma da Lei do Aborto, aprobada polo PP, é algo que nos atinxe, e moito. Son as mulleres da Asociación Feminista Buserana, que xa se teñen manifestado en numerosas ocasións pola volta, as que queren amosar o noso total desacordo ante a reforma.
Denuncian que ”de novo, as mulleres más desfavorecidas e en situación precaria son desprotexidas. Quérese obrigar a ese 10% de mulleres con conflictos familiares a ter o permiso paterno para poder abortar. Isto vai en contra da lei de saúde pola que a partir dos 16 anos son quen de tomar decisións importantes relativas a súa saúde”.
Por iso, piden “máis respecto á sexualidade as mulleres temos que seguir sendo tuteladas”, ao tempo que critican que falemos de accións electoralistas: “De novo tamén vemos como as mulleres son moeda de cambio ante unhas eleccións que se achegan”.
Para pechar o comunicado cun alto e claro: “As mulleres somos quen de decidir por nós!”.
Novas relacionadas
- 10-02-14: Accións polo dereito ao aborto na Costa da Morte.
- A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova Costa da Morte denuncia a reforma do aborto.
- As mulleres da Costa da Morte volven expresar o seu dereito a decidir.
- As mulleres de Cee non queren rosarios nos seus ovarios.
- As mulleres de Buserana.