Martes. 19.03.2024
El tiempo

A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova Costa da Morte denuncia a reforma do aborto

A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova Costa da Morte denuncia a reforma do aborto
A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova contra o aborto

Xa o teñen manifestado por activa e por pasova. As mulleres da bisbarra non queren rosarios nos seus ovarios. Así, os Grupos de Galiza Nova Costa da Morte e o BNG comarcal veñen de denunciar a nova Lei do Aborto que está a poñer en marcha o PP. Denuncian "a involución de dereitos que estamos a sufrir as mulleres en tódolos ámbitos das nosas vidas, como é esta reforma da Lei de Prazos, que o patriarcado español nos impón da man do PP, supoñendo un retroceso á lexislación da Dictadura Franquista, eliminando a posibilidade de interrompermos voluntariamente o noso embarazo de maneira libre, e cinxíndoa aos tres supostos da Lei do ano 1985, deixándonos ás mozas de 16 e 17 anos, nunha situación de total desamparo".

Consideran que "esta repenalización do aborto, non é mais que a expresión da máis fascista das ideoloxías, compartida polas asociacións ultraconservadoras do Estado, como Red Madre ou o Foro de la Familia, prohibíndonos decidir sobre a nosa maternidade, e situándonos ademais, como un dos Estados europeos mais retrógrados nesta materia".

"Fica claro que esta norma, lonxe de diminuír o número de abortos, vai aumentar os abortos clandestinos e de risco, especialmente para as persoas con menos recursos".

Denuncian ademais que " a Xunta de Galiza tamén quere mandar no noso corpo, suprimindo a rede de asesoramento afectivo-sexual Quérote, aprobando un modelo de familia irreal, que presenta a súa Lei de Familia, sen en ningún momento, reparar na necesidade da educación sexual para todas nós".

Así, a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova esixe "a retirada inmediata da “contrarreforma” do ministro Gallardón e tamén chamamos a todas as mozas da comarca a rexeitar esta ofensiva do PP contra a soberanía dos nosos corpos, dos nosos dereitos e das nosas vidas. Hoxe e nunca, que non xoguen cos nosos corpos, en nós non manda ninguén!".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da man de Antía Insua, Responsábel Comarcal de Galiza Nova Costa da Morte.

Comentarios