As vespas velutinas mudan o seu "modus operandi"
08:10 25/07/18
Esta semana, o servizo municipal de pragas de Carballo recibiu o 1º aviso da tempada a aparición dun niño secundario de avespa asiática
Co primeiro aviso da temporada pola aparición dun niño secundario de avespa asiática, o servizo de control de pragas do concello de Carballo decidiu - coa colaboración dos propietarios da casa onde apareceu - non retirar o niño que polo momento é pequeno pero que en poucos días aumentará considerablemente o seu tamaño. E precisamente non o retiran para ver a súa evolución e poder estudar o comportamento das avespas.
De feito, segundo os profesionais do servizo, este ano as velutinas están a cambiar o seu "modus operandi". Por unha banda, as raíñas fixeron os niños primarios en lugares moito menos seleccionados que ata agora. “Xa non aparecen tanto en cornixas ou alpendres senón que os atopamos en calquera sitio: nunha pedra, nun valado...”, explica Isidro Rodríguez, responsable do control de pragas. Semella que moitos niños aparecen no mesmo lugar onde as raíñas pasaron o inverno e que os secundarios están a construírse onde o ano pasado aparecían os primarios. Pero como non hai datos fiables ao respecto, de aí o interese por estudar a evolución deste primeiro niño secundario.
O feito de que as avespas aniñen en calquera sitio incrementa, por outra banda, o risco de picaduras. Neste sentido, desde o servizo municipal de control de pragas de Carballo fai un chamamento á precaución das persoas que traballan no campo ou no monte para que inspeccionen o lugar antes de poñerse mans á obra por se existe algún niño e tamén a observar se hai avespas voando pola zona, porque iso indicará que o niño está preto.
Dende o concello de Carballo sinalan que neste mes de xullo incrementouse notablemente a presenza de avespas. Fronte aos 18
niños primarios localizados entre maio e xuño (9 cada mes), no que vai de xullo van 41. Aínda así, as cifras seguen moi lonxe do ano pasado, no que a estas alturas do ano xa se retiraran máis de 150 niños. Asimesmo, recordan que as persoas que
localicen algún poden dar aviso ao 112 ou ao 012.
Este ano, foron varios os municipios da zona os que destinaron unha parte dos seus orzamentos a loitar contra esta praga. As actuacións leváronse a cabo durante os meses de abril e maio en concellos como o de Carballo e Zas obtendo bos resultados en canto á captura de raíñas o cal fixo que desencendera considerablemente a súa presenza en zonas que adoitaban frecuentar.
Novas relacionadas
- Xuño 18: Capturadas máis de 1.500 raíñas na campaña de trampeo da vespa velutina de Zas
- Xuño 18: As trampas eliminan miles de velutina en Carballo e en Zas
- Maio 18: Camariñas acaba con 1876 velutinas
- Maio 18: As numerosas capturas de velutina en Carballo e Malpica ratifican o seu preocupante avance.
- Abril 18: Malpica e Mazaricos toman novas medidas contra a velutina.
- Marzo 18: Carballo tamén comezou coa campaña de colocación de trampas para a avespa velutina.
- Marzo 18: O Concello de Zas comezou ca instalacións de trampas para a velutina ante a pasividade da Xunta.
- Marzo 18: Zas tamén lidera a loita de concellos e veciños contra a velutina.
- Marzo 18: Momento ideal para afiar a guerra contra as raíñas veluntinas.
- Febreiro 18: Santa Comba decláralle a guerra á avespa velutina.
- Xaneiro 18: Balanzo dun ano da “Guerra da Velutina” en Carballo.
- Novembro 17: Medio centenar de veciños de Malpica aprenderon os trucos para combater a avespa velutina.
- Novembro 17: Malpica colle o relevo de Santa Comba na loita informativa contra a avespa velutina.
- O servizo de control de pragas de Carballo retirou 380 niños de vespa velutina no que vai de ano.
- A loita contra a avespa velutina xa enche ata os auditorios
- Os voluntarios de Protección Civil de Malpica retirou medio centenar de avespa velutina.
- O pioneiro servizo municipal de control de praga de Carballo elimina 118 niños de avespa velutina nun mes.
- “Os Concellos estamos atados para loitar contra a avespa velutina”.
- Agosto 2017: Santa Comba recibe un novo traxe para loitar contra a avespa velutina.
- Maio 2017: Santa Comba aposta polas trampas contra a avespa velutina.
- Marzo 2017: Carballo probou a innovadora trampa de Ernesto Astis para a avespa velutina.
- Xaneiro 2017: Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina.
- Xullo 2016: Cee contra as avespas e abellas.
- Outubro 2015: Avespa velutina: Aprendendo a convivir co inimigo.
- Agosto 2015: Outro verán de avespa asiática na Costa da Morte.
- Agosto 14: A avespa asiática chega a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])
- Concello de Carballo