Asinado o contrato da VAC: As obras comezarán en agosto e estará lista no verán do 2013

15:16 10/06/11

A un día da Feirauto, o sector do automóbil e a bisbarra en xeral poderá celebrar a sinatura do contrato final de construción da Autovía Costa da Morte nos treitos Carballo-Baio e Baio-Berdoias. A pesar da polémica adxudicación, cun sobrecuste de de 200 millóns sobre a anterior orzamento, parece que as obras comezarán este mes de agosto e entrará en servizo no verán de 2013.
Así o asegurou o conselleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas, Agustín Hernández, que vén de asinar na mañá de hoxe venres co Consorcio da Autovía Costa da Morte o contrato de adxudicación desa vía en 745 millóns de euros.
Datos
- Son ase 42 quilómetros, 25,4 deles correspondentes ao tramo Carballo-Baio e 16,4 ao de Baio-Berdoias.
- O Consorcio Autovía Costa da Morte está formado polas empresas galegas COPASA, CRC, COVSA e Taboada e Ramos, adxudicatarias da infraestrutura, que terán un prazo concesional de 25 anos.
- A nova autovía permitirá desviar 15.000 vehículos que poderán así evitar algo máis de 15 quilómetros de travesías urbanas e reducir o tempo de viaxe en todo o tramo en 17 minutos.
- As principais poboacións terán conexión directa a través de trece enlaces, un cada 3,5 quilómetros de media.
Novas relacionadas
- A Autovía e o Tren das 3C son as infraestruturas máis necesarias para a Costa da Morte.
- Adxudicación polémica da VAC e asfaltado de varias estradas de Vimianzo e Ponteceso.
- 400 coches buscarán un novo fogar nas rúas de Baio.
- A Xunta asegura que a ITV estará rematada en outubro.
- Nota de prensa da Xunta de Galicia.