Aumenta o SAF en 9 concellos da comarca, para atender 9 horas á semana a 765 persoas
Celebrouse onte unha reunión na Laracha para analzar as cifras do Servizo de Axuda no Fogar de 9 concellos da Costa da Morte. Trátase dun dos servizos que máis recursos dos Concellos, xa que malia ser sufragado en parte (o 76%) pola administracións autonómica, supón un forte investimento para as arcas municipais. De feito, este ano son moitos os Concellos os que están a xustificar a parte social do POS+ provincial cos gastos do SAF.
A Xunta ofreceu datos, sobre o servizo en Cabana, Camariñas, Carballo, Cee, Coristanco, A Laracha, Malpica, Ponteceso e Zas os 9 concellos da comarca nos que se incrementou a cantidade de horas de axuda a persoas en situación de dependencia recoñecida.
Afirman que se incrementou o servizo nestes concellos en máis de 130.000 hora, o que significa un total de 358.368 horas para coidar durante este 2021, a 765 persoas. Unha cifra que supón unha media de 466 horas ao ano para cada paciente, ou o que é o mesmo, 9 horas á semana por paciente.
No caso da Laracha, o delegado destacou que a Xunta aumentou en máis de 4.050 as horas do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) postas a disposición do Concello, ata as 45.420 horas anuais. Hoxe este municipio atende a 101 persoas a través deste servizo.
CONCELLO | HORAS ANUAIS ANTES DO INCREMENTO | INCREMENTO DE HORAS ANUAIS | HORAS ANUAIS ACTUAIS | Nº USUARIOS |
Cabana | 19.332 | 144 | 19.476 | 61 |
Camariñas | 27.384 | 1.812 | 29.196 | 106 |
Carballo | 73.800 | 10.992 | 84.792 | 182 |
Cee | 24.360 | 17.376 | 41.736 | 39 |
Coristanco | 27.048 | 564 | 27.612 | 44 |
Laracha | 41.364 | 4.056 | 45.420 | 101 |
Malpica | 48.192 | 1.224 | 49.416 | 105 |
Ponteceso | 17.472 | 1.092 | 18.564 | 34 |
Zas | 38.940 | 3.216 | 42.156 | 93 |
TOTAL | 317.892 | 40.476 | 358.368 | 765 |