Venres. 29.03.2024
El tiempo

#AxendaCostadaMorte para a ponte festiva de decembro

#AxendaCostadaMorte para a ponte festiva de decembro
A Dama un dos Penedos de Traba e Pasarela-Foto-Victor Santos A Dama, un dos Penedos de Traba e Pasarela-Foto-Victor Santos A #AxendaCostadaMorte da ponte festiva de decembro vén marcada, de novo, por unha chea de citas culturais que se desenvolverán desde hoxe mércores ata o próximo sábado.

Parte de Meteogalicia: Ventos do sudoeste e orballos ocasionais

Meteogalicia avísanos que o hoxe será unha xornada de ceos cubertos con chuvias febles, probables en calquera punto da Comunidade galega. Para mañá xoves, amenceremos con intervalos de nubes baixas e néboas. Co avance do día, os ceos irán quedando pouco anubrados ou despexados, agás na franxa atlántica onde as nubes persistirán durante toda a xornada e mesmo caerá algún orballo. O venres, unha fronte pouco activa atravesará Galicia desde o noroeste, achegando humidade do Atlántico. Asi, agárdase unha xornada de ceos anubrados, con máis nubes na franxa atlántica, e con posibilidade de orballos. Xa o sábado, a situación meteorolóxica non cambia demasiado, xa que continuaremos baixo a influencia das altas presións e con ventos do sudoeste, o que traerá ceos anubrados, con máis nubes cara o litoral atlántico.

-Mércores 5 de decembro

Presentación do calendario astronómico 'Ceos Galegos 2019' na libraría Punto e Coma de Carballo. Proxección do filme Sicixia en Ponteceso. Mercado Navideño Mariñeiro en Corme.

-Xoves 6 de decembro

Teatro en Dumbría coa compañía Talía Teatro. A partir das 17.00 horas na Casa da Cultura de Olveira. Sesión de Micro Aberto no Casino 1889 de Carballo. Mercado Navideño Mariñeiro en Corme.

-Venres 7 de decembro

Teatro en Dumbría con 'O Servidor de dous amos' de Talía Teatro. A partir das 21.00 horas! Proxección cinematográfica en Muxía Mercado Navideño Mariñeiro en Corme.

-Sábado 6 de decembro

Magosto en Carballo con Senda Nova Artesanía e visita nocturna no Castelo de Vimianzo Observación do ceo e estrelas fugaces no Centro Arqueolóxico de Dombate Entrega dos Premios do Certame de Fotografía dos Penedos. A partir das 20.00 horas no Museo do Mar de Laxe. Mercado Navideño Mariñeiro en Corme.

Exposicións

  • As Torres do Allo, en Zas, abren todos os sábados, domingos e festivos en horario de 11:00 a 19:00 horas. Estes días ten a Exposición do naturalista Víctor López Seoane nas Torres do Allo; onde ademais hai a programación habitual: – Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia. – O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
  • A tenda turística Stoupa acolle a exposición trasna de Teresa Candal durante estes meses de outubro e novembro.
  • Exposición colectiva 'Viento y mar' no Museo de Man de Camelle, mostra na que diferentes autores interpretan este concepto a través da pintura, a fotografía e os abanicos. Os mércores e os xoves, de 11 a 14 horas; e de venres a domingos, ou festivos, de 11 a 14 horas e de 17 a 19 horas.

Toda a información debullada na #AxendaCostadaMorte

Comentarios