Domingo. 18.08.2019
El tiempo

#AxendaCostadaMorte para fin de semana: estas son as citas

#AxendaCostadaMorte para fin de semana: estas son as citas
Un xoves máis, aquí vos deixamos un resumo das citas culturais que conforman a #AxendaCostadaMorte desta fin de semana do 14, 15 e 16 de decembro.

Parte de Meteogalicia: Chuvascos e entrada de aire frío

Meteogalicia avísanos que o venres quedaremos baixo a influencia dos ventos do suroeste que traerán moita humidade. Así, os ceos permanecerán cubertos durante toda a xornada, con chuvias febles máis probables na metade oeste. Xa o sábado, unha fronte activa, asociada a unha borrasca situada sobre Irlanda, afectará a Galicia, o que deixará ceos cubertos con chuvias que comezará pola mañá na franxa atlántica e que chegarán á toda a Comunidade co avance da tarde. Para o domingo, despois do paso da fronte do sábado, quedaremos nunha situación de chuvascos, con entrada de aire frío. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos ocasionalmente tormentosos e acompañados de sarabia.

Venres 14 de decembro

-Noites espectaculares coa proxección de Sicixia en Carnota. -Teatro en Muxía. Montse Rivera presenta 'Cóntoche un traxe'. O actor galego Carlos Blanco estará o sábado en Muxía

Sábado 15 de decembro

-Visita guiada ao Patrimonio Relixioso de Laxe -Monólogo de Carlos Blanco en Muxía. -Memorial Pepe Valiña. Festival de Nadal da Coral de Baio. -Concerto Mano a Mao no Casino1889 de Carballo. -Concerto da banda tributo a Rosendo no Celme Café de Vimianzo.

Domingo 16 de decembro

-Concerto de corais en Muxía. -Concerto de Rosa Cedrón e Emilio Rúa nas Torres do Allo en Zas.

Exposicións

  • As Torres do Allo, en Zas, abren todos os sábados, domingos e festivos en horario de 11:00 a 19:00 horas. Estes días ten a Exposición do naturalista Víctor López Seoane nas Torres do Allo; onde ademais hai a programación habitual: – Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia. – O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
  • A tenda turística Stoupa acolle a exposición trasna de Teresa Candal durante estes meses de outubro e novembro.
  • Exposición colectiva 'Viento y mar' no Museo de Man de Camelle, mostra na que diferentes autores interpretan este concepto a través da pintura, a fotografía e os abanicos. Os mércores e os xoves, de 11 a 14 horas; e de venres a domingos, ou festivos, de 11 a 14 horas e de 17 a 19 horas.

Toda a información debullada na #AxendaCostadaMorte

   

Comentarios