Un barco perde 200 troncos en pleno corredor

Estes días as embarcacións de baixura terán que ter un coidado máximo na comarca. Porque un buque mercante perdía a a altura de Laxe 200 troncos de madeira duns 4 metros de longo. Uns troncos que poden ser un verdadeiro perigo para calquera embarcación de baixaura.

O mercante Daroja, de bandeira chipriota, partía de Ferrol na noite do sábado ao domingo, e foi de madrugada cando activaba a alerta pola perda dos barcos.

”Son bastante peligrosos á deriva”, explícannos dende a confraría malpicá. “Ós de madeira facerlle unha vía de auga tranquilamente. E cos de fibra igual…”.

Novas relacionadas