Os Reis deixaron un regalo en forma de susto no Corredor de Fisterra

08:48 08/01/18

Outro suceso máis no Corredor de Fisterra. O pasado venres 5 de xaneiro, e bauxo unha forte mar, o portacontedores con bandeira de Libeira “MSC Eloane” perdía uns 40 contedores a unhas 40 millas da costa de Fisterra.
Non son mercancía perigosa para o medio ambiente, pero permanecen á deriva e si que poden ser un perigo para o resto de barcos que pasan diariamente polo Corredor.
Salvamento Marítimo deu alerta ao resto de embarcacións que pasen pola zona para que extremen precaucións.
Novas relacionadas
- Xosé Manuel Barros: Evaristo e o Corredor de Fisterra.
- 40.000 barcos atravesan cada ano o Corredor de Fisterra.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)