Luns. 27.01.2020
El tiempo

Varios areais da comarca aparecen sementados de pequenos pellets de plástico

Pellets de resina atopados na praia de Soesto-Foto-Victor Mira
Pellets de resina atopados na praia de Soesto-Foto-Victor Mira
Varios areais da comarca aparecen sementados de pequenos pellets de plástico

Este decembro, varias praias da Costa da Morte sufriron outra pequena invasión. Estes pequenos plásticos foron atopados, alomenos, nos areais de Laxe (Soesto concretamente) e Camariñas. Así nolo confirman veciños como Víctor Mira ou Xosé Manuel Barros, de Mar de Fábula, despois de atopalos en varios paseods.

Segundo especialistas medioambientais poderían tratarse de “pelles de resina”, coñecidos como "mermaid tears" (bágoas de serea), utilizados en fábricas como materias primas para a construción de todo tipo de elementos de plásticos.

Se ben estas boliñas son crónicas na praia das Salseiras en Caión, os especialistas pensan máis ben no desprendimento dalgún container dun dos 36.000 barcos que pasan cada ano polo Corredor de Fisterra.

Tamano dos pellets de resina atopados na praia de Soesto-Laxe

Unha situación máis que habitual na zona, como o acontecido co buque Eloane en 2018 ou a aparición daqueles pequenos plásticos procedentes de depuradoras que apareceran en 2017 en Nemiña.

Novas relacionadas

Comentarios