Martes. 23.04.2024
El tiempo

A paradoxa dun plástico que serve para descontaminar e se convirte nun perigoso contaminante

A paradoxa dun plástico que serve para descontaminar e se convirte nun perigoso contaminante
Case un milleiro de biosoportes de plastico atopados en Nemina Case un milleiro de biosoportes de plastico atopados en Nemiña

Durante as pasadas semanas, a praia de Nemiña recibía un novo verquido. Dous veciños da zona, amantes das ondas, atoparon en apenas unha tarde preto de un milleiro destas pequenas arandelas de plástico. Unhas pezas descoñecidas ata o de agora pola zona, pero tras varias investigacións, podemos confirmar que se tratan de biosoportes utilizados en depuradoras industriais, no proceso de depuración de auga industriais. Estes biosportes serven para fixar ás bacterias e microorganismos durante o proceso de depuración secundario (o último antes de saír ao mar), no dentro do reactor biolóxico (posiblemente de fangos activos).

Deste xeito, o vertido tivo que ser debido a unha mala xestión tecnolóxica por parte dunha depuradora, por mor dun desbordamento dun día de enchentas, e que se producise un arrastre dun biolóxico dun decantador e deste á saída.

En todo caso, as sospeitas redúcense unha vez que segundo nos confirmaron varios especialistas, as depuradoras EDAR municipais non utilizan esta clase de soportes, habitualmente usados na industria agroalimentaria (latas, carne…), na piscicultura e en certos barcos de cruceiros.

Dase así unha estrana paradoxa dun plástico que serve para descontaminar e se convirte nun perigoso contaminante.

Centos de biosoportes atopados na praia de Nemina-Muxia

Por toda o norte da península

Colectivos surfeiro de todo o norte da península teñen denunciado vertidos semelllantes por todo o litoral cantábrico. Polas Rías Baixas, no río Miño repetidamente dende 2010, na se praia ferrolá de Doniño, pola costa cantábrica (en Euskadi ou Cantabria, e mesmo no Senna parisimo (chegaron ata o mar en apenas uns meses) levan atopándose estas peciñas. Xa en 2010, SurfRider Fundation publicou un informe sobre a “invasión dos biosoportes”.

Segundo traballadores do sector, grandes empresas do sector como Veolia (así o sinalan nun vídeo propio do seu proceso de depuración) ou Acciona utilizan esta clase de pezas para os seus procesos de depuración.

 

Novas relacionadas

Artigos de Xosé Manuel Barros

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios