Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Bateas de Luxo, un repaso ao narcotráfico da Costa da Morte

Protagonistas de Bateas de Luxo-estudo do narcotrafico na Costa da Morte
Protagonistas de Bateas de Luxo, estudo do narcotrafico na Costa da Morte
Bateas de Luxo, un repaso ao narcotráfico da Costa da Morte

Como un Traballo de Fin de Master na Universidade de Santiago de Compostela nace este proxecto de Bateas de Luxo, creado pola xornalista carballesa Sheyla Bermúdez. Un completo repaso, a base de entrevistas, sobre o papel da Costa da Morte no narcotráfico durante as últimas décadas. Un traballo que ademais nos vai permitir facer un percorrido a través de QPC nas vindeiras datas.

Sheyla Bermudez-Bateas de Luxo
​Sheyla Bermúdez, que acaba de rematar as prácticas na CRTVG, é a creadora do proxecto Bateas de Luxo

Bateas de Luxo é xa unha completa reportaxe audiovisual, que poderá chegar a ter forma de documental, que analiza pormenorizaradamente a incidencia do narcotráfico na nosa zona. A reportaxe fala do Clan dos Lulús e do Clan de Neaño, e fai unha guía polas grandes operacións policiais da última década.

Falan, por exemplo, en primeira persoa, o xornalista muxián da CRTVG Xusto Carril, ou o xornalista da Voz, Xosé Ameixeiras, contando as súas experiencias cos clans da comarca.

Pero tamén hai diferentes visións, dende o excomisario da UDYCO, Enrique León, ou o Xerente da Fundación Contra o Narcotráfico Fernando J. Alonso, que debullan como traballan os clans, pasando por un Sarxento do EDOA que dá pistas da actual situación.

Incide no asunto o escritor Víctor Méndez, autor dunha auténtica enciclopedia do tema, o libro "Narco Gallegos”.

Das consecuencias dá conta Carmen Avendaño, presidenta da Fundación Érguete e unha das heroínas que conseguiron cambiar a nivel social a imaxe de intocables dos narcos aló polos anos 80.

O experto Manuel Domínguez tamén analiza o proceso de branqueo de capitais. Os bingos (nomeadamente portugueses), os paraísos fiscais, grandes investimentos inmobiliarios, as lotarías, grandes entradamos empresariais… son algúns dos procesos máis utilizados.

Non falta a voz dun xuíz, como é Juan Carlos Carballal, que repasa como andan as condenas.

Por agora, poden pinchar en https://sheybermudez.wixsite.com/bateasdeluxo/ e descubrir todo o que foi sacando a luz a brava xornalista carballesa.

Novas relacionadas co Narcotráfico

Comentarios