Luns. 21.10.2019
El tiempo

Tiroteo en Muxía

A pasada tarde de luns 30 de xaneiro estivo manchada de sangue na vila de Muxía. 3 estoupidos na vila da Barca alertaban aos veciños, que de contado avisaban á Garda Civil. Non eran petardos, eran 3 balas que impactaron nun veciño de Os Muíños, xusto diante do seu taller mecánico cando se dispuña a marchar no seu coche.

Os autores dos disparon puideron saír nun vehículo sen identificar antes de que chegaran as forzas de seguridade.

O home foi inmediantamente trasladado ao Hosptal Virxe da Xunqueira con 3 feridas de bala e a Garda Civil segue investigando o asunto. Segundo varios veciños da zona, pode tratarse dun axuste de contas, pero dende as fontes policiais non descartan ningunha razón.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios